viernes, 19 de junio de 2020

O ÚLTIMO DÍA DE COLE!

BOS DÍAS NEN@S!

Rematou deste curso tan raro! Hoxe é o último día. 
Tócavos descansar e desfrutar un poquiño. 
Sen esquecer ler tamén !

Fixéstelo moi ben ó longo do ano e durante a corentena. 

GRAZAS POR SER TAN BOIÑOS E TRABALLADORES!
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑAR SEN DESCANSO!

Déixovos un vídeo de despedida para rematar ! 

DESFRUTADE MOITO DO VERÁN PARA VOLTAR CON GANAS E ILUSIÓN
e o máis importante 
CUN SORRISO!


MES AMIS FRANÇAIS

Para vós tamén unha aperta especial por querer este idioma novo como ó voso!
Déixovos un recordo da nosa andaina. 
ESTOU ORGULLOSA DE VÓS!

COURAGE POUR LA SUITE e BONNES VACANCES! 

jueves, 18 de junio de 2020

Os derrateiros contos do curso.

Perdoade a demora, sei que estades esperando impacientes.
Como falamos á mañá, vamos cerrar os nosos xoves, con dous contos moi especiais. 

O primeiro leo Breixo, titúlase "Besos besos"
Faino estupendamente, e fixo con tanto cariño que as emocións saen a exteriorizarse. 
Eres un marabilloso compañeiro e un excelente alumno. 
Non cambies nunca!
Seguide sendo así de unidos e así de auténtic@s.  
Grazas!

E agora...un conto musical! Vámonos con alegría e cun sorriso. 
Ollada a vaca Lola, está toliña de remate....
Espero que vos guste! 


Unha aperta nen@s! Mañá remata o coleeeeee!!!!

Que nos contan os nosos compañeiros?

BOS DÍAS NEN@S!

Os plans de futuro de Eloy son moi interesantes. Ten as cousas moi claras. 
Oxalá cumpras todas as túas ideas!


Hoxe, tamén temos a Saúl contándonos as súas ideas! 

Tes moita razón, espero que pasedes un bo verán e que vos divirtades moito,
 téndelo ben merecido


Nico tamén nos deixa unha redacción coas súas intencións. 
Moi interesante, oxalá cumpras todos os teus soños!
 Lede...

 

MOITAS GRAZAS CAMPEÓNS!

Como hoxe é xoves, tocaríanos un conto, e como é o derradeiro do curso será especial, 
tendes que esperar á tardiña. 
Non impacientedes que...


HOXE VÉMONOS!!! Ata dentro dun ratiño.





miércoles, 17 de junio de 2020

Que proposta mais interesante!

BOS DÍAS PEQUEN@S!

Que nos trae Laura hoxe? 

UNHA FESTA DE FIN DE CURSO!!!! 
Que boa falta nos facía verdade...

Moitas grazas campeona, especialmente pola parte que me toca!
Para min o mellor premio é tervos de alumn@s! 

Vémonos prontiño nen@s! 


martes, 16 de junio de 2020

Nova entrega de proposicións

BOS DÍAS NEN@S!

Como vos dixen, tócavos a vós levar o timón desta semana. Demos comenzo onte con Lucía, 
hoxe, déixanos Breixo dúas das súas andainas. 

Ollade que simpáticos monicreques fixo: 


Aquí está Breixo moi concentrado preparando todo o seu material ! 
Saíronche xenial!!

As vacacións están moi pretiño, quen non soña xa co soliño, coa praia e con destinos paradisíacos..

Hai quen ten xa todo preparado e ben pensado. 
Unha axudiña para que soñemos un pouquiño máis!



 MOITAS GRAZAS BREIXO!

lunes, 15 de junio de 2020

FELICITACIÓN DE ANIVERSARIOS


Lucía quixo felicitar deste xeito tan fermoso a tod@s o que estiveron de cumpleanos durante a corentena. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!


REMATANDO O CURSO!

BOS DÍAS NEN@S!

COMEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DO CURSO! 

Antes de nada quérovos felicitar por habelo feito tan ben neste tempo de aprendizaxe telemática. 
Estiveste tod@s moi atent@s, traballadores e participativ@s! 
  
Non deixastes de sorprender. Noraboa polas vosa actitude! 

Esta semana vai ser diferente. Déixovos ó final da entrada actividades para toda a semana ou de cara ó verán. 

E como vamos organizar a semana no blog? 

A idea é que as próximas entradas da semana sexan cousa vosa... Ollade


Espero os vosos correos!
Hoxe á tarde, temos a primeira entrega, una das vosas compañeira fixo algo moi especial...que será?  Atent@!!

Para as actividades opcionais tendes: 
Primeiro, unha serie de problemas que podedes copiar directamente na libreta ou calcular mentalmente alguns. Son moitos, repartídeos. (o problema nº14 non o podedes facer aínda) 
Logo, una plantilla para redactar contos, seguides os pasos e coa vosa imaxinación seguro que vos sean textos incríbles. Podedes facer varios tanto en castelán coma en galego.
Cando a creación chame á porta da vosa mente aproveitade para deixalo por escrito!  





BOA SEMANA E FELIZ LUNS!