Mostrando entradas con la etiqueta GLOBALIZADO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GLOBALIZADO. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2020

REMATANDO O CURSO!

BOS DÍAS NEN@S!

COMEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DO CURSO! 

Antes de nada quérovos felicitar por habelo feito tan ben neste tempo de aprendizaxe telemática. 
Estiveste tod@s moi atent@s, traballadores e participativ@s! 
  
Non deixastes de sorprender. Noraboa polas vosa actitude! 

Esta semana vai ser diferente. Déixovos ó final da entrada actividades para toda a semana ou de cara ó verán. 

E como vamos organizar a semana no blog? 

A idea é que as próximas entradas da semana sexan cousa vosa... Ollade


Espero os vosos correos!
Hoxe á tarde, temos a primeira entrega, una das vosas compañeira fixo algo moi especial...que será?  Atent@!!

Para as actividades opcionais tendes: 
Primeiro, unha serie de problemas que podedes copiar directamente na libreta ou calcular mentalmente alguns. Son moitos, repartídeos. (o problema nº14 non o podedes facer aínda) 
Logo, una plantilla para redactar contos, seguides os pasos e coa vosa imaxinación seguro que vos sean textos incríbles. Podedes facer varios tanto en castelán coma en galego.
Cando a creación chame á porta da vosa mente aproveitade para deixalo por escrito!  





BOA SEMANA E FELIZ LUNS!

jueves, 4 de junio de 2020

El puente

BUENOS DÍAS !!

Es jueves, hoy non vamos a ver un cuento pero si un corto para trabajar valores.

Vais a ver la importancia de comunicarse, entenderse y colaborar sin usar NUNCA la violencia.
Es muy importante aprender a resolver conflictos.

Espero que os guste!

  


HASTA MAÑANA!

jueves, 21 de mayo de 2020

Ciencias Sociais

BOS DÍAS NEN@S

Hoxe ides facer de detectives, que vos parece?
A ver canto sabedes da vosa contorna. 

martes, 19 de mayo de 2020

Linguas e mates

BOS DÍAS NEN@s! 

Hoxe faremos unha actividade especial, imos xuntar lingua castelá e matemáticas. Tendes que ler a proposta deste mercadillo. 
Lede con atención e concentración, logo, facede as actividades que seguen.



Despois vamos escribir un pouquiño. O tema de hoxe vai ser que queredes ser de maiores. 
Lede primeiro as indicacións, pensádelo ben e a escribir.   
As instruccións están en castelá pero podedes escribir a redacción tanto en galego como en castelá. 

Podedes facelo directamente na libreta, lembrade ensinarme as vosas redaccións.
Vai ser moi interesante!!!


Tendes que perdoarme se onte estiveste esperando pola sorpresiña, hoxe si que vai, prometido.  

jueves, 14 de mayo de 2020

NATURAIS

O CICLO DA AGUA

Hoxe traballaremos o ciclo da auga, mais especificamente no estado Gasoso. Por que chove? Que é a evaporación e a condensación? Respondemos a todas esas preguntas cun divertido experimento. Parécevos?

Cando o sol quenta a auga dos ríos, océanos, lagos, etc., a auga da superficie convertese en vapor e vaise para arriba.

Cando a auga evaporada chega a atomosfera superior chegan a formar as nubes. Este é o chamado proceso de condensación. As nubes producirán precipitacións, que é a forma na que a auga regresa a terra.

Neste experimento podes observar as difrentes etapas do ciclo da auga.

RECORDA primeiro para entender mellor:

Agora preparate:


MATERIAIS: 

                                                                    Unha bolsa hermética

Marcadores permanentes 
Auga
Colorante azul (opcional) 
Cinta adhesiva

PASOS: 

                                 Quentar a auga ata que empece a xerar vapor, pero non a deixes ferver. 

Engade o colorante azul e mestúrao ben. (opcional) 
Bota a auga dentro da bolsa hermética e cérraa ben. 

Colgaa na ventá coa axuda da cinta adhesiva. 

  • Cando a auga empece a evaporar, o vapor xenerado vaise hacia arriba e condensarase como se foran nubes.                                    
  • Despois duns minutos, gotas de auga empezarán a caer da bolsa, en forma de choiva.
Se deixas a bolsa colgada na ventá, nun lugar onde lle chegue o sol, o ciclo da auga continuará. 

        Atréveste co experimento?  







Seguindo con este tema, recordaremos tamén os diferentes ESTADOS DA AUGA


Podedes facer a ficha oralmente. 



ATENTOS, HOXE HABERÁ COCO LOCO ! 

BO DÍA NEN@S!

miércoles, 6 de mayo de 2020

O MEU ANIMAL PREFERIDO

Déixovos unha plantilla para facer unha redacción sobre o voso animal preferido. 
Lede primeiro todas a indicacións. 



Para despois da redacción, tendes máis actividades posibles: As curiosidades sobre uns animais soprendentes, tendelos tamén no libro de Xuntos por se queredes indagar un pouco máis sobre eles e contestar esas preguntas. E logo, tendes a opción de inventar un animal fantástico e imaxinario.  

E COMO ESTÁN OS NOSOS BICHOS PAU? 

Xa son adultos!!! Mirade: 

    


 Sábese porque xa teñen a medida máxima e a cola empeza a cambiar de cor, poñense de cor marrón .

FIXÁDEVOS !

Dentro de nada xa van poñer oviños.   












Como xa eran moi grandes para a súa caxiña, foron para unha morada mais grande con máis bichos pau. 


                       A NOVA MANSIÓN




























CANTOS CHEGADES A VER?

BO DÍA NEN@S!


martes, 5 de mayo de 2020

Chega Antón Pompón

BOS DÍAS NEN@S!

Cun poema de Anxo Fariña sobre as horas vamos repasar unha chea de cousas.
Estades listo? 

Atendede ben antes de empezar.
 Primeiro, lemos varias veces o poema. Logo, lemos os enunciados dos exercicios. E para os que teñades dúbidas aquí vos deixo esta aclaración :

 E xa estades listos para empezar a primeira parta.

                                                                   

                                   

 Para as seguintes
 páxinas de Antón e Pompón,
igual tamén necesitades REPASAR PRIMEIRO AS HORAS. 


Podedes ver e recordar na seguinte explicación e escribir as horas da ficha para practicar se o necesitades.

Xa estades listo para facer a segunda parte de Antón e Pompón...

 Nos vimos as horas en castelán pero así repasamos os números en galego tamén.












E para rematar a última parte da ficha xa só vos queda poñer a funcionar a vosa creatividade!  
ADIANTE !


A maiores tendes aquí uns CRUCINÚMEROS para facer. Vamos a practicar o cálculo mental. Podes copiar os recadros na libreta e facelos directamente.



MOITO ÁNIMO !

jueves, 30 de abril de 2020

VARIAS ACTIVIDADES


BOS DÍAS PEQUEN@S

Déixovos varias cousiñas que facer hoxe e mañá se queredes aínda que sexa festivo, organizádevos vós para facelos.  Xa ides sendo responsables !
Son exercicios de lingua e de matemáticas. 
Lede ben os enunciados e logo, con cabeciña e boa letra. 
    


Como cada xoves aquí tendes o video conto. Moi interesante, veredes. Ata o podedes poñer en práctica, vén de marabilla para estes días. 

Espero que vos guste. 


viernes, 24 de abril de 2020

É VENRES

Déixovos para hoxe e a fin de semana actividades máis entretidas. 

De primeiro unha proposta da APP Celebrito, seguide as instrucións e divertídevos no mundo submarino en 3D. Podedes ensinarnos como quedaron os vosos animais !


Déixovos tamén palabras secretas para descubrir. Avisádeme nos comentarios se as descubristes todas e se vos gustaron para poñer máis!




   DIVERTÍDEVOS e BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!

lunes, 20 de abril de 2020

Crucigramas de animales

Que os parece hacer unos pocos crucigramas de animales. No tenéis porque imprimirlo, en una hoja cuadriculada lo representáis de nuevo. Lo importante es recordar todos estos animales y en que grupo se clasifican.
  
Espero que os gusten !
 Podéis ademas ver este vídeo para recordar cosas que aprendimos sobre los animales.


viernes, 17 de abril de 2020

Propostas lúdicas!

Xa é venres, mirade que rápido pasou a semana. Para hoxe e a fin de semana faremos tarefas máis entretidas. 

Déixovos dúas actividades: 

Primeiro, unha oca galega. Non fai falta imprimila, podedes tela na pantalla e xogar cun dado, incluso se non tendes con quen xogar e queredes, podedes contestar nun folio a todas as casillas. Así repasades moitos contidos de galego que vimos na clase. 


 ESPERO QUE VOS GUSTE!

De segundo ténovos unha proposta moi chula dunha compañeira, a profe Carmen, ten nen@s coma vós en 2º, está nun cole da Coruña, é moi artística dende sempre e tivo esta idea que me parece xenial. Mirade a presentación e atrevédevos. Nos non subimos as creacións ó Drive pero podedes enviarme unha foto ó correo. 


Vos tamén sodes uns grandes artistas, seguro que vos saen creacións estupendas!

A creación de Saúl é moi bonita, mirade:


A de Lucía  é fantática tamén : 



Descansade, desfrutade e moito ánimo nen@s. BOA FIN DE SEMANA !

viernes, 3 de abril de 2020

UN XOGO

O QUEBRACABEZAS

Tócanos distraernos un pouco dándolle á cabeza para mantela activa.

Que vos parece un xogo para pasar estes días ? Podedes xogar solos ou coas vosas familias e modificalo ó voso xeito.  

Aquí vos deixo un vídeo explicativo dunha maneira de facelo: 

 Calquera obxecto vale. 
Por exemplo: tapas que pintedes vós ou 3 - 4 tapóns de diferentes cores que teñades pola casa : 


Podedes complicalo un pouco e pasar ó nivel medio con un taboeiro de 4x4 e catro cores. Podedes descargar os taboeiro feitos ou facelo vós nas vosas libretas cuadriculada, deste xeito:  




    Xa me contaredes que tal vos foi !!
BOA SORTE NEN@S e BOA FIN DE SEMANA !

jueves, 26 de marzo de 2020

Como están os nosos bichos pau ??

                                  Aquí os tendes, seguen crecendo e botándovos de menos !

A ver se logrades ver ós tres... Unha vez descuberto polo menos un, canto credes que miden xa ? Cunha ollada e logo cunha regra medídeo.  
                                                                 RECORDADE !!

Vamos a facer agora dúas TAREFAS: 

1ª TAREFA:  Vamos a facer un pequeno repaso da clasificación dos animais que seguro recordades, poñede mentalmente un exemplo de cada: 
MAMÍFEROS - AVES - ANFIBIOS - PEIXES - REPTILES 

Completade agora á seguinte ficha na vosa libreta : 

2ª TAREFA:  Vamos a medir cousas pola casa, xa o fixemos na aula, xa sabedes como funciona. Collede segundo faga falta, unha regra ou un metro (podes pedir axuda ) 
POÑÁMONOS A MEDIR !

OBXETO
METRO/CENTÍMETROS
O cepillo de dentes

Unha culler

A televisión

Un lapis

O ancho dunha porta

O QUE TI QUEIRAS




SORTE E ATA PRONTO NEN@S ! 

AQUÍ TENDES A PROBA: 

Hai que ter en conta que as de diante tamén son patas, non antenas. Debemos medir só o tronco. Miden agora mesmo case igual os tres, entre 6 e 7 centímetros. 
Se medistes contando as patas de diante podedes comprobar que non estivestes moi lonxe,  
sobre 11-12 centímetros. Era difícil velos ben así que...
                                      BO TRABALLO !