jueves, 14 de mayo de 2020

NATURAIS

O CICLO DA AGUA

Hoxe traballaremos o ciclo da auga, mais especificamente no estado Gasoso. Por que chove? Que é a evaporación e a condensación? Respondemos a todas esas preguntas cun divertido experimento. Parécevos?

Cando o sol quenta a auga dos ríos, océanos, lagos, etc., a auga da superficie convertese en vapor e vaise para arriba.

Cando a auga evaporada chega a atomosfera superior chegan a formar as nubes. Este é o chamado proceso de condensación. As nubes producirán precipitacións, que é a forma na que a auga regresa a terra.

Neste experimento podes observar as difrentes etapas do ciclo da auga.

RECORDA primeiro para entender mellor:

Agora preparate:


MATERIAIS: 

                                                                    Unha bolsa hermética

Marcadores permanentes 
Auga
Colorante azul (opcional) 
Cinta adhesiva

PASOS: 

                                 Quentar a auga ata que empece a xerar vapor, pero non a deixes ferver. 

Engade o colorante azul e mestúrao ben. (opcional) 
Bota a auga dentro da bolsa hermética e cérraa ben. 

Colgaa na ventá coa axuda da cinta adhesiva. 

  • Cando a auga empece a evaporar, o vapor xenerado vaise hacia arriba e condensarase como se foran nubes.                                    
  • Despois duns minutos, gotas de auga empezarán a caer da bolsa, en forma de choiva.
Se deixas a bolsa colgada na ventá, nun lugar onde lle chegue o sol, o ciclo da auga continuará. 

        Atréveste co experimento?  







Seguindo con este tema, recordaremos tamén os diferentes ESTADOS DA AUGA


Podedes facer a ficha oralmente. 



ATENTOS, HOXE HABERÁ COCO LOCO ! 

BO DÍA NEN@S!

1 comentario: