Mostrando entradas con la etiqueta NEN@S DE 2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NEN@S DE 2º. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2020

O ÚLTIMO DÍA DE COLE!

BOS DÍAS NEN@S!

Rematou deste curso tan raro! Hoxe é o último día. 
Tócavos descansar e desfrutar un poquiño. 
Sen esquecer ler tamén !

Fixéstelo moi ben ó longo do ano e durante a corentena. 

GRAZAS POR SER TAN BOIÑOS E TRABALLADORES!
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑAR SEN DESCANSO!

Déixovos un vídeo de despedida para rematar ! 

DESFRUTADE MOITO DO VERÁN PARA VOLTAR CON GANAS E ILUSIÓN
e o máis importante 
CUN SORRISO!


MES AMIS FRANÇAIS

Para vós tamén unha aperta especial por querer este idioma novo como ó voso!
Déixovos un recordo da nosa andaina. 
ESTOU ORGULLOSA DE VÓS!

COURAGE POUR LA SUITE e BONNES VACANCES! 

jueves, 18 de junio de 2020

Os derrateiros contos do curso.

Perdoade a demora, sei que estades esperando impacientes.
Como falamos á mañá, vamos cerrar os nosos xoves, con dous contos moi especiais. 

O primeiro leo Breixo, titúlase "Besos besos"
Faino estupendamente, e fixo con tanto cariño que as emocións saen a exteriorizarse. 
Eres un marabilloso compañeiro e un excelente alumno. 
Non cambies nunca!
Seguide sendo así de unidos e así de auténtic@s.  
Grazas!

E agora...un conto musical! Vámonos con alegría e cun sorriso. 
Ollada a vaca Lola, está toliña de remate....
Espero que vos guste! 


Unha aperta nen@s! Mañá remata o coleeeeee!!!!

Que nos contan os nosos compañeiros?

BOS DÍAS NEN@S!

Os plans de futuro de Eloy son moi interesantes. Ten as cousas moi claras. 
Oxalá cumpras todas as túas ideas!


Hoxe, tamén temos a Saúl contándonos as súas ideas! 

Tes moita razón, espero que pasedes un bo verán e que vos divirtades moito,
 téndelo ben merecido


Nico tamén nos deixa unha redacción coas súas intencións. 
Moi interesante, oxalá cumpras todos os teus soños!
 Lede...

 

MOITAS GRAZAS CAMPEÓNS!

Como hoxe é xoves, tocaríanos un conto, e como é o derradeiro do curso será especial, 
tendes que esperar á tardiña. 
Non impacientedes que...


HOXE VÉMONOS!!! Ata dentro dun ratiño.





miércoles, 17 de junio de 2020

Que proposta mais interesante!

BOS DÍAS PEQUEN@S!

Que nos trae Laura hoxe? 

UNHA FESTA DE FIN DE CURSO!!!! 
Que boa falta nos facía verdade...

Moitas grazas campeona, especialmente pola parte que me toca!
Para min o mellor premio é tervos de alumn@s! 

Vémonos prontiño nen@s! 


martes, 16 de junio de 2020

Nova entrega de proposicións

BOS DÍAS NEN@S!

Como vos dixen, tócavos a vós levar o timón desta semana. Demos comenzo onte con Lucía, 
hoxe, déixanos Breixo dúas das súas andainas. 

Ollade que simpáticos monicreques fixo: 


Aquí está Breixo moi concentrado preparando todo o seu material ! 
Saíronche xenial!!

As vacacións están moi pretiño, quen non soña xa co soliño, coa praia e con destinos paradisíacos..

Hai quen ten xa todo preparado e ben pensado. 
Unha axudiña para que soñemos un pouquiño máis!



 MOITAS GRAZAS BREIXO!

lunes, 15 de junio de 2020

FELICITACIÓN DE ANIVERSARIOS


Lucía quixo felicitar deste xeito tan fermoso a tod@s o que estiveron de cumpleanos durante a corentena. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!


REMATANDO O CURSO!

BOS DÍAS NEN@S!

COMEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DO CURSO! 

Antes de nada quérovos felicitar por habelo feito tan ben neste tempo de aprendizaxe telemática. 
Estiveste tod@s moi atent@s, traballadores e participativ@s! 
  
Non deixastes de sorprender. Noraboa polas vosa actitude! 

Esta semana vai ser diferente. Déixovos ó final da entrada actividades para toda a semana ou de cara ó verán. 

E como vamos organizar a semana no blog? 

A idea é que as próximas entradas da semana sexan cousa vosa... Ollade


Espero os vosos correos!
Hoxe á tarde, temos a primeira entrega, una das vosas compañeira fixo algo moi especial...que será?  Atent@!!

Para as actividades opcionais tendes: 
Primeiro, unha serie de problemas que podedes copiar directamente na libreta ou calcular mentalmente alguns. Son moitos, repartídeos. (o problema nº14 non o podedes facer aínda) 
Logo, una plantilla para redactar contos, seguides os pasos e coa vosa imaxinación seguro que vos sean textos incríbles. Podedes facer varios tanto en castelán coma en galego.
Cando a creación chame á porta da vosa mente aproveitade para deixalo por escrito!  





BOA SEMANA E FELIZ LUNS!

martes, 9 de junio de 2020

O resultado das medicións!

BOS DÍAS NEN@S!

Xa podemos comprobar todos e todas o que medraste e o ben que se vos dan 
os metros e os centímetros. 

Espero que vos guste!
 Sodes xeniais! 


Para seguir practicando as lonxitudes déixovos diferentes enlaces con páxinas interactivas para xogar e aprender. (A facer preferiblemente nesta orde)



Medimos con la regla (2)

QUE TEÑADES UN MOI BO DÍA!

martes, 2 de junio de 2020

CUMPLE DE DAVID

PARABÉNS!


Hoxe tócanos felicitar a David. Espero que desfrutes moito do teu día campeón! 
Bicos e apertas virtuais!

miércoles, 27 de mayo de 2020

CUMPLE DE CAMILO

PARABÉNS!


Desfruta moito do teu día Camilo! Mandámosche unha chea de apertas e de bicos virtuais. 


lunes, 25 de mayo de 2020

AS ANDANZAS DOS NEN@S DE 2º

É un pracer compartir a imaxinación, o empeño, o esforzo e a creatividade destos nen@s tan autétic@s. 
Ollade, non ten desperdicio. 

NA COCIÑA : Laura probou a facer a mousse de limón proposta e saíulle deliciosa. Decorouna xenial. 


Nico e a súa familia tamén a fixo, ó parecer moi rica e que boa idea esa de botarlle MEL. Somos todos uns larpeiros me parece a min. Unha foto preciosa de Nico e Lucía. 


Eloy proponos unhas galletas de avena que teñen moi boa pinta. Ollade a súa explicación. 



CREACIÓN: Que sería de 2º sen os inventos de Saúl, aquí nos deixa un fantástico para esta semana.


Das creacións de Saúl saíu a manualidade adaptada con tapóns de plástico de Lucía
Fantásticas Lucía e Rita!! Unhas artistas. 


En canto as construcións xeométricas, a Camilo saíulle unha vea de arquitecto. Ollade o que aí conseguiu facer o noso campeón. 


David tamén ten a súa, fantástica. 


Para rematar, farémolo con AVENTURA. O noso compañeiro Breixo, súa irmá Lucía e a súa familia aproveitaron o traballo sobre a nosa contorna para coñecer o CON DAS PÍAS 



Entrade neste enlace para ler e saber máis cousas, preguntade ás vosas familias igual saben deste lugar. 

Eu tamén fun de ruta na miña zona, conseguín subir a unha pedra moi famosa no alto dun monte,  chámanlle a PEDRA DO BOLO. Aí me tendes. 


SODES XENIAIS NEN@S! MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS ANDANZAS!

viernes, 22 de mayo de 2020

Estamos de VENRES

BOS DÍAS NEN@S!

Xa remata a semana así que hoxe déixovos propostas máis relaxadas. 

Primeiro, un experimento para quen queira probar. Que sabedes do arco da vella ?
Lede ben todo, antes de empezar. 
--------------------------------------------
Para despois, como fai uns días acalorados, vouvos deixar un receita refrescante. 
MOUSSE DE LIMÓN
É moi sinxelo (moi calórico tamén) facede moito exercicio despois. 

ATENTOS: Faivos falta: 
 1/2 litro de nata para montar
Un bote pequeno de leite condensada (375g)
4/5 limóns.  

(Estas cantidades son para 10 persoas máis ou menos, reducides se queredes facer menos)

Como facelo? 
Montades a nata, botades a leite condensada, mesturades ben. 
Espremedes os limóns e incluídes o zume á mestura anterior. 
Ó que esté todo mesturado, deixades arrefriar na neveira . 


Finalmente colocades e repartides a mousse para servir e decorades co que queirades (virutas de chocolate, algunha froita pequena, xirope ou simplemente así.)

A Ari e a mín saínos moi rica!

Queredes probar? Ou atrevédevos con outras receitas e contádesnos.

ÁNIMO! 


DESCANSADE E DESFRUTADE DA FIN DE SEMANA.

lunes, 11 de mayo de 2020

Os obxectos máis importantes dos nen@s de 2º


Xa temos información sobre os tesouros máis preciados dos nen@s de 2º. 
Moi boas presentacións, redaccións e explicación! Grazas por compartir un pedaciño das vosas cousiñas máis queridas. 

                                                   

Empezamos con SAÚL 



Aquí tendes a foto dos seus obexectos máis importantes e logo un vídeo explicativo.





Seguimos coas redaccións e as imaxes de BREIXO e de NICO



A continuación un documento completiño de LUCÍA 



FÍXADEVOS Lucía personalizou a todos os da clase en pinypon! Gústavos o voso?



Aquí os obxectos máis importantes para LAURA e para CAMILO




Rematamos con ELOY, ollade que cousas son importantes para el !!



GRAZAS NEN@S! Sodes FANTÁSTIC@s

viernes, 8 de mayo de 2020

Vamos coñecernos máis!

 Xa é VeNreS nen@s!!!

Déixovos unha proposta para facer con calma hoxe ou a fin de semana. Tendes ata o luns para mandarmo, logo compartirémolo nunha entrada:
 Os obxectos importantes dos nen@s de 2º. 


BOA FIN DE SEMANA !!!

martes, 28 de abril de 2020

OS NEN@S DE 2º SON UNS ARTISTAS!

Mirade a quen temos hoxe aquí: 

Saúl ensínanos a súa rana origami (É o ultimo dos retos da activación da mente de onte) 
Xa lle ten ata trucos, ollade ! 


Laura pola súa banda fixo unha creación moi orixinal con botóns e obxectos que atopou pola casa! 
Mirade que ben lle quedou  


Lucía, ela fixo unha cartel fermoso e moi traballado. Ten moitos versos de ánimo e 
de agradecemento. 


Para rematar déixovos unha idea fántastica de Nico que puxo en marcha coa súa familia. 
 Unha busqueda do tesouro con adiviñanzas. Quen se atreve? 
Maná poño as solucións aquí por se alguén non chegou o tesouro e necesita axuda. 


AQUI TENDES AS SOLUCIÓNS: 

Noraboa a tod@s e moitas grazas Nico por esta idea fantástica. 

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA IMPLICACIÓN.
SODES UNS ARTISTAS E MARABILLOSO CATIV@S. 

Deixade sitio a vosa imaxinación, veredes cantas creacións fermosas vos saen! 

sábado, 25 de abril de 2020

CUMPLE DE BREIXO

PARABÉNS


Desfruta moito do teu día, que sexas moi feliz e esperamos verte pronto para seguir rindo contigo e coa túa espontaneidade.   

miércoles, 15 de abril de 2020

FALEMOS GALEGO


Recordades o ben que o pasamos facendo este vídeo, falando galego e estreando a radio. 

Desfrutádeo de novo, sodes XENIAIS!! 


martes, 14 de abril de 2020

UNHA NOVA PROPOSTA

Saúl traenos unha proposta: UN COMEDEIRO PARA PAXAROS.  
Seguides as súas indicacións e escoitade atentamente as súas explicacións se queredes facer un vós tamén. 
MOITÍSMAS GRAZAS por a túa idea, encántanos verte! 


As sopresas hoxe aínda non remataron...ATENTOS!!! 

A nosa Lauriña tamén ten o seu. Grazas por compartilo. É marabilloso ver os vosos sorrisos! 



martes, 7 de abril de 2020

CUMPLE DE LAURA

PARABÉNS !!!!!


Desfruta moito do teu día e xa o celebraremos todos xuntos. 
Aínda que separados estamos unidos para felicitarte!