BOS DÍAS NEN@S!
Xa remata a semana así que hoxe déixovos propostas máis relaxadas.
Primeiro, un experimento para quen queira probar. Que sabedes do arco da vella ?
Lede ben todo, antes de empezar.
Lede ben todo, antes de empezar.
--------------------------------------------
Para despois, como fai uns días acalorados, vouvos deixar un receita refrescante.
MOUSSE DE LIMÓN
É moi sinxelo (moi calórico tamén) facede moito exercicio despois.
ATENTOS: Faivos falta:
1/2 litro de nata para montar
Un bote pequeno de leite condensada (375g)
4/5 limóns.
(Estas cantidades son para 10 persoas máis ou menos, reducides se queredes facer menos)
Como facelo?
Montades a nata, botades a leite condensada, mesturades ben.
Espremedes os limóns e incluídes o zume á mestura anterior.
Ó que esté todo mesturado, deixades arrefriar na neveira .

Finalmente colocades e repartides a mousse para servir e decorades co que queirades (virutas de chocolate, algunha froita pequena, xirope ou simplemente así.)
A Ari e a mín saínos moi rica!
Queredes probar? Ou atrevédevos con outras receitas e contádesnos.
ÁNIMO!
DESCANSADE E DESFRUTADE DA FIN DE SEMANA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario