lunes, 25 de mayo de 2020

AS ANDANZAS DOS NEN@S DE 2º

É un pracer compartir a imaxinación, o empeño, o esforzo e a creatividade destos nen@s tan autétic@s. 
Ollade, non ten desperdicio. 

NA COCIÑA : Laura probou a facer a mousse de limón proposta e saíulle deliciosa. Decorouna xenial. 


Nico e a súa familia tamén a fixo, ó parecer moi rica e que boa idea esa de botarlle MEL. Somos todos uns larpeiros me parece a min. Unha foto preciosa de Nico e Lucía. 


Eloy proponos unhas galletas de avena que teñen moi boa pinta. Ollade a súa explicación. 



CREACIÓN: Que sería de 2º sen os inventos de Saúl, aquí nos deixa un fantástico para esta semana.


Das creacións de Saúl saíu a manualidade adaptada con tapóns de plástico de Lucía
Fantásticas Lucía e Rita!! Unhas artistas. 


En canto as construcións xeométricas, a Camilo saíulle unha vea de arquitecto. Ollade o que aí conseguiu facer o noso campeón. 


David tamén ten a súa, fantástica. 


Para rematar, farémolo con AVENTURA. O noso compañeiro Breixo, súa irmá Lucía e a súa familia aproveitaron o traballo sobre a nosa contorna para coñecer o CON DAS PÍAS 



Entrade neste enlace para ler e saber máis cousas, preguntade ás vosas familias igual saben deste lugar. 

Eu tamén fun de ruta na miña zona, conseguín subir a unha pedra moi famosa no alto dun monte,  chámanlle a PEDRA DO BOLO. Aí me tendes. 


SODES XENIAIS NEN@S! MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS ANDANZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario