jueves, 30 de abril de 2020

VARIAS ACTIVIDADES


BOS DÍAS PEQUEN@S

Déixovos varias cousiñas que facer hoxe e mañá se queredes aínda que sexa festivo, organizádevos vós para facelos.  Xa ides sendo responsables !
Son exercicios de lingua e de matemáticas. 
Lede ben os enunciados e logo, con cabeciña e boa letra. 
    


Como cada xoves aquí tendes o video conto. Moi interesante, veredes. Ata o podedes poñer en práctica, vén de marabilla para estes días. 

Espero que vos guste. 


miércoles, 29 de abril de 2020

LES NOMBRES ET LES COULEURS

SALUT LES AMIS !

On va revoir les nombres et les couleurs. 



Recordades, así aprendimos e repasamos os números e as cores en francés.  

Para refrescarvos a memoria, déixovos una chuletilla que podedes usar para facer os exercicios, se vos fixera falta. As cores xa as vistes en entradas anteriores.  

1, 2, 3 on y va... 





Antes de empezar no alto no folio poñede o voso nome e a data en francés. (prénom et date)

Lundi 
Mardi
Mercredi 
                                               Jeudi      _____  Avril / Mai 2020 .
Vendredi 
Samedi 
Dimanche  

Seguimos cos peixes (les poissons)

A primeira ficha é inicial para quen a queiras facer. 
A segunda para os alumnos de 4º.
A terceira para os de 5º.
E a última para os nen@s de 6º.

Cando a teñades feita mandádeme o exercicio ó meu correo,  tamén pode ser unha foto. Non é imprescindible imprimir, pódese facer mais ou menos o peixe directamente nun folio. 


BONNE CHANCE ET BON COURAGE !

Hoy toca SUDOKU

Sabéis lo que es un SUDOKU ? Seguro que habéis visto algún en los periódicos. Nosotros no lo vamos a hacer con números sino con formas. 

El principio es igual para todos los sudokus, NO repetir la forma ni en vertical ni en horizontal.
Para este ejercicio en concreto tenéis formas diferentes para cada cuadrado.

Intentarlo a ver como os sale.


Para después os dejo un enigma a resolver con ayuda de vuestra familias si queréis.  
Es muy popular, atentos : 

SON DOS PASTORES Y LE DICE UNO AL OTRO, SI TU ME DAS UNA OVEJA, YO TENGO EL DOBLE QUE TÚ Y SI YO TE DOY UNA A TI, TENEMOS IGUALES. 
¿CUÁNTAS OVEJAS TIENE CADA UNO? 
SUERTE! 

martes, 28 de abril de 2020

OS NEN@S DE 2º SON UNS ARTISTAS!

Mirade a quen temos hoxe aquí: 

Saúl ensínanos a súa rana origami (É o ultimo dos retos da activación da mente de onte) 
Xa lle ten ata trucos, ollade ! 


Laura pola súa banda fixo unha creación moi orixinal con botóns e obxectos que atopou pola casa! 
Mirade que ben lle quedou  


Lucía, ela fixo unha cartel fermoso e moi traballado. Ten moitos versos de ánimo e 
de agradecemento. 


Para rematar déixovos unha idea fántastica de Nico que puxo en marcha coa súa familia. 
 Unha busqueda do tesouro con adiviñanzas. Quen se atreve? 
Maná poño as solucións aquí por se alguén non chegou o tesouro e necesita axuda. 


AQUI TENDES AS SOLUCIÓNS: 

Noraboa a tod@s e moitas grazas Nico por esta idea fantástica. 

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA IMPLICACIÓN.
SODES UNS ARTISTAS E MARABILLOSO CATIV@S. 

Deixade sitio a vosa imaxinación, veredes cantas creacións fermosas vos saen! 

Traballaremos as linguas!

BOS DÍAS !
Temos para hoxe varias actividades de lingua. 

Primeiro déixovos as recomendacións dos vosos libros preferidos. Botádelle unha ollada a ver se vos convence algún dos libros dos vosos compañeir@s para unha próxima lectura.   





Das outras actividades do día do libro Lucía proporcionounos un debuxo e Laura un conto. 

Noraboa a tod@s polos vosos traballos!







Despois, podedes dedicarlle un tempiño a lectura en galego, déixovos hoxe a un marciano peculiar. 
Lede e facede a comprensión lectora na vosa libreta. 



De último, para traballar un pouco a ortográfica e xa que vos gustan os crucigramas, vamos a traballar deste xeito as palabras con X, recordades ben como se di esta letra en galego?
(Podedes simplemente poñer nas vosas libretas o número coa palabra correspondente.)


ÁNIMOS CO TRABALLO NEN@S, SEGURO QUE O FACEDES MOI BEN ! 

lunes, 27 de abril de 2020

COMO FUNCIONA O NOSO BLOG

Aquí tendes unha pequena explicación do funcionamento do blog. 

Espero que vos sirva e vos guste esta novidade de vídeo. 


ATA MAÑÁ NEN@S!

ACTIVA TU MENTE 4

 BOS DÍAS NEN@S

Empezamos unha nova semana. Para poñernos en marcha de novo aquí tendes 
novos retos para activa e estimular a mente !

sábado, 25 de abril de 2020

CUMPLE DE BREIXO

PARABÉNS


Desfruta moito do teu día, que sexas moi feliz e esperamos verte pronto para seguir rindo contigo e coa túa espontaneidade.   

viernes, 24 de abril de 2020

É VENRES

Déixovos para hoxe e a fin de semana actividades máis entretidas. 

De primeiro unha proposta da APP Celebrito, seguide as instrucións e divertídevos no mundo submarino en 3D. Podedes ensinarnos como quedaron os vosos animais !


Déixovos tamén palabras secretas para descubrir. Avisádeme nos comentarios se as descubristes todas e se vos gustaron para poñer máis!




   DIVERTÍDEVOS e BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!

jueves, 23 de abril de 2020

23 de abril

FELIZ DÍA DO LIBRO 

Vamos a celebrar este día dende as nosas casas con varias actividades.

Estade atentos primeiro ó vídeo onde saídes cos vosos libros preferidos. 
GRAZAS NENOS, fantástic@s!

Con ese libro ou calquera outro que che guste moito, ídeslles a facer unha ficha de recomendación para os voso compañeir@s. Déixovos o modelo, pero vós, farédelo nun folio ou na libreta seguindo as pautas. Logo, mandarédesmo ó correo para facer unha entrada coas vosas propostas de libros. Tendes ata o luns para hacelo.  


                                 Tamén podedes inventar un mini conto                                 
 como fixo Saúl.
 Lede, verede que
 guerreiro o Xerif Novita ! 


Logo de traballar, podémonos relaxar coloreando ou reproducindo un marca páxina do día do libro. 
E tamén lendo e escoitando un vídeo conto en castelán. Espero que vos guste, 
LOS LOBOS QUE VINIERON A CENAR 


Aquí vos deixo modelos de marca páxinas, lédeos, hai frases moi chulas! 

miércoles, 22 de abril de 2020

MATEMÁTICAS

Vamos a dedicarle una hora a las matemáticas. Primero, preparaos para ello, leer atentamente las indicaciones y realizar la actividad. 
Intentad hacerlo en los tiempos. Trabajaremos la concentración, sé que es difícil, pero ¡ Somos capaces !
Esta es nuestra primera práctica, pero tranquilos ! Habrá más.  


Os dejo para luego un flor de las tablas del 1 al 5, es opcional . Para los que la queráis hacer os dejo el modelo y la base para realizar la flor. Lo que si es importante es saberse ya esas tablas! 
Pronto tenemos que mirar las siguientes si aún, no lo habéis hecho.  




ÁNIMO CHIC@S
Mentes en funcionamiento! 

martes, 21 de abril de 2020

NOVA CRONOLECTURA

BOS DÍAS NEN@S
Temos unha nova lectura para esta semana! 
Xa sabedes como facer: lemos varias veces, facemos a comprensión lectora e practicamos a cronolectura.

Que lle pasaría a esa vila para esquecer os contos ?😏  

lunes, 20 de abril de 2020

Crucigramas de animales

Que os parece hacer unos pocos crucigramas de animales. No tenéis porque imprimirlo, en una hoja cuadriculada lo representáis de nuevo. Lo importante es recordar todos estos animales y en que grupo se clasifican.
  
Espero que os gusten !
 Podéis ademas ver este vídeo para recordar cosas que aprendimos sobre los animales.


NUEVOS RETOS

Empieza una nueva semana y con ella unos retos nuevos para activar nuestra mente. 

Adelante y ánimo ! 

viernes, 17 de abril de 2020

Propostas lúdicas!

Xa é venres, mirade que rápido pasou a semana. Para hoxe e a fin de semana faremos tarefas máis entretidas. 

Déixovos dúas actividades: 

Primeiro, unha oca galega. Non fai falta imprimila, podedes tela na pantalla e xogar cun dado, incluso se non tendes con quen xogar e queredes, podedes contestar nun folio a todas as casillas. Así repasades moitos contidos de galego que vimos na clase. 


 ESPERO QUE VOS GUSTE!

De segundo ténovos unha proposta moi chula dunha compañeira, a profe Carmen, ten nen@s coma vós en 2º, está nun cole da Coruña, é moi artística dende sempre e tivo esta idea que me parece xenial. Mirade a presentación e atrevédevos. Nos non subimos as creacións ó Drive pero podedes enviarme unha foto ó correo. 


Vos tamén sodes uns grandes artistas, seguro que vos saen creacións estupendas!

A creación de Saúl é moi bonita, mirade:


A de Lucía  é fantática tamén : 



Descansade, desfrutade e moito ánimo nen@s. BOA FIN DE SEMANA !

jueves, 16 de abril de 2020

À Tremoedo on parle FRANÇAIS

BONJOUR LES AMIS!

Nenos e nenas de francés, quería recordar con vós a marabillosa actuación de Nadal e todo o voso traballo. Seguro que vos gusta vervos de novo e así tamén recordades a canción para cantar un pouquiño en francés estos días!  
Deixo o enlace do vídeo por se non tendes lector de código QR: On écrit sur les murs 


Tamén vos deixo para animarvos, uns debuxos dos vosos compañeiros de 5º cunha mensaxe ideal para estos días.
"N'oublie pas de sourir" 

BONNE JOURNÉE !

LECTURA DE GALEGO

BOS DÍAS !

Hoxe como é xoves tócanos ler un pouco. Como xa estades a facer as lecturas do Lobo Lupas, vamos a ler en galego. 

Déixovos nos seguintes enlaces dúas lecturas moi chulas, cunha pequena comprensión para facer despois (podedes facelas oralmente). 
Non tendes que ler as dúas hoxe, seguro que xa vos sabedes organizar moi ben. 

Pinchade nos títulos dos contos e 
Desfrutade da lectura:
  


Se queredes facer un debuxo dalgún dos contos, ensinarnos como os ledes ou decirnos o que máis vos gustou, xa sabedes que mo podedes enviar ó correo e compartímolo con todos. 

FELIZ LECTURA NEN@S

Xa temos a primeira recomendación, escoitade a SAÚL. Moitas grazas compañeiro.



miércoles, 15 de abril de 2020

FALEMOS GALEGO


Recordades o ben que o pasamos facendo este vídeo, falando galego e estreando a radio. 

Desfrutádeo de novo, sodes XENIAIS!! 


REPASO DE MATEMÁTICAS

Esta semana nos toca repasar un poquito de matemáticas. Seguro que estáis repasando ya las tablas y haciendo en vuestros diarios un par de sumas y restas todos los días. Vamos a sumarle algo más. 

Para empezar, os dejo un juego, igual que ayer no hace falta imprimirlo, podéis jugar con el tablero en la pantalla y escribir los resultados en un folio o en la libreta. Jugando repasaréis un montón de cosas que aprendimos de mates. Coger dos dados, leer las instrucciones y a JUGAR! 
Lo hizo la profe EVA, es la profe de vuestros correspondientes del cole de Conmeniño en el Grove. 
Os dejo su blog : conéctate coa aula (estará en el margen derecho también). Así los podéis ver, dejarles comentarios y podemos seguir en contacto. Además la profe Eva y sus alumn@s hacen un montón de cosas chulísimas que os pueden servir.
Podéis encontrar un montón de actividades y recursos digitales muy interesantes. Gracias gran amiga y gran profe Eva. 
Por la tarde os subo el vídeo que hicimos de gallego para presentarnos. Podéis volver a ver el suyo en su página!

   
Para seguir con las matemáticas, os dejo algunas fichas de ampliación para repasar contenidos como : los meses, restas llevando, las horas y razonar lógicamente entre otras cosas. Lo podéis ir haciendo directamente en vuestra libreta y organizar vosotros la repartición de los ejercicios.


CONCENTRACIÓN
BUENAS SUERTE ! 



   ENLACE PARA IMPRIMIR EL DOCUMENTO:  Fichas de repaso

martes, 14 de abril de 2020

PARA VÓS!

Mirade que sorpresa!!! 
Todos os mestres e mestras do cole o fixemos con moito agarimo para animarvos. 
Agardamos que vos guste! 


UNHA NOVA PROPOSTA

Saúl traenos unha proposta: UN COMEDEIRO PARA PAXAROS.  
Seguides as súas indicacións e escoitade atentamente as súas explicacións se queredes facer un vós tamén. 
MOITÍSMAS GRAZAS por a túa idea, encántanos verte! 


As sopresas hoxe aínda non remataron...ATENTOS!!! 

A nosa Lauriña tamén ten o seu. Grazas por compartilo. É marabilloso ver os vosos sorrisos! 



TRABALLAMOS AS LINGUAS

BOS DÍAS NEN@S!
Remataron estas estrañas vacacións, tócanos seguir ou volver a poñernos ó día con todo o que sabemos. 
Vamos traballar un pouco as linguas estos días. 
Recordades o deletreo de palabras que faciades coa profe Marga? 
Pois hoxe chega en forma de concurso. Podedes practicar vós individualmente ou invitar a alguén da vosa familia. 
OLLO: Repasade o abecedario galego antes por se tendes dubidas, non hai as mesmas letras que en castelán e algunha non se di igual... repasadeo ben!

NON TENDES PORQUE IMPRIMILO ( podedes telo na pantalla ou incluso reproducilo nun folio así repasades as unións destas letras e todas estas palabras).  


Tamén podedes xogar con estas palabras a facer frases ou ditados. Historias e debuxos. Que a vosa mente xogue coa palabras para que queden ben gravadas! 

Para seguir traballando, esta vez o castelán, aquí tendes dous ditados. Lédeos ben antes, traballade con eles e logo que alguén vos los dite. Correxide vós mesmo despois as faltas.



              BOA SORTE NEN@S! Estate atento que a tarde temos unha sopresa en forma de proposta! 

lunes, 13 de abril de 2020

CUMPLE DE ELOY

PARABÉNS!!!!!


Desfruta moito do teu día campeón! 

ACTIVA TU MENTE 2

                BUENOS DÍAS !

Os dejo 5 nuevos retos para seguir activando nuestra mente después de estos días de descanso de Semana Santa.
Ya sabéis como funciona, un reto para cada día de la semana. 

Buena suerte y feliz lunes! 
  

sábado, 11 de abril de 2020

C'EST PÂQUES !

BONJOUR LES AMIS

Cette semaine c'est Pâques !

Igual que en España, en Francia tamén se celebra a Pascua. Hai outras tradicións coma a búsqueda de ovos, decorar ramas e ovos. Tamén o típico coello de chocolate, coma aquí.

Déixovos un enlace cunha receta moi sinxela para facer algo típico de Pascua, "Des cuillères de Pâques" descubride pinchado aquí abaixo, teredes ademais ó final da páxina, historias, debuxo e cancións de Pascua para descubrir! 


C'est parti les amis...


Os nenos de 2º tamén podedes probar a facelo. Hai que fundir chocolate, cubrir as culleres, deixalas enfriar na nevera e DECORALAS!

Mirade como quedaron as miñas! 

FELIZ PASCUA NEN@S

Mirade dende a casa de Rita e Lucía tamén nos mandan a súa mostra das culleres. 
TRÈS BIEN!!! Moitas grazas- Merci beaucoup !!



martes, 7 de abril de 2020

CUMPLE DE LAURA

PARABÉNS !!!!!


Desfruta moito do teu día e xa o celebraremos todos xuntos. 
Aínda que separados estamos unidos para felicitarte! 


lunes, 6 de abril de 2020

ACTIVA TU MENTE

Buenos días!


Os dejo 5 retos rápidos para esta semana. Nos toca pasar estas vacaciones en casa así que no vamos a dejar de estimular nuestro cerebro. 
ANIMAROS Y FELIZ LUNES !    

viernes, 3 de abril de 2020

UN XOGO

O QUEBRACABEZAS

Tócanos distraernos un pouco dándolle á cabeza para mantela activa.

Que vos parece un xogo para pasar estes días ? Podedes xogar solos ou coas vosas familias e modificalo ó voso xeito.  

Aquí vos deixo un vídeo explicativo dunha maneira de facelo: 

 Calquera obxecto vale. 
Por exemplo: tapas que pintedes vós ou 3 - 4 tapóns de diferentes cores que teñades pola casa : 


Podedes complicalo un pouco e pasar ó nivel medio con un taboeiro de 4x4 e catro cores. Podedes descargar os taboeiro feitos ou facelo vós nas vosas libretas cuadriculada, deste xeito:  




    Xa me contaredes que tal vos foi !!
BOA SORTE NEN@S e BOA FIN DE SEMANA !

LINGUA GALEGA

LECTURA SEMANAL 

Ola nen@s, aquí tendes unha nova lectura semanal. 

Seguiremos lendo un pouquiño estes días, é beneficioso para moitas cousas ! 

A ver que lle pasa nesta historia a Mariña con Ouri...espero que vos guste. 

Practicade a cronolectura e facede a comprensión lectora que lle sigue. 

Á tarde subirei unha proposta para xogar en Semana Santa que mola moito, xa veredes. 

Estade atentos! 

jueves, 2 de abril de 2020

PROBLEMAS


Vamos dedicarle un poco de tiempo a la resolución y creación de problemas. Para eso es bueno que primero volváis a hacer unos cuantos problemas de vuestros libros de mates del 1º y 2º trimestre. 

Una vez que los tengáis hechos de nuevo en vuestra libreta, podéis auto-corregirlos ya que tenéis las soluciones en vuestro libro.

Después, ya podéis pasar a esta parte. Seguid el modelo del documento (igual que en clase). 
- Leer varias veces.
- Subrayar la pregunta de azul. 
- Rodear los datos de rojo. 
- Detectar y pensar bien que operación hay que hacer.
- Resolver, comprobar y escribir la solución. 

Fijaros bien y hacerlos con calma. 

Cuando tengáis los dos problemas resueltos, atreveros a crear vosotros uno. Sin complicaros con los datos, ni las operaciones. De forma simple inventáis un problema siguiendo el modelo de la segunda hoja. También los podéis hacer en la libreta o un folio. Podéis ademas compartirlo con todos para que tengamos más problemas que resolver. 



ÁNIMO MATEMÁTICOS ! 

Aquí vos deixo o problema inventado por Saúl. Moi ben campeón!
Un máis para resolver nen@s!
Temos un novo problema para resolver, esta vez da man de Nico. Está xenial, moitas grazas!


CONTACONTO

CARABUÑAS

Hoxe é xoves, e como todos os xoves na hora de ler, tocaríame lervos un conto. Non vai ser menos estando na casa, hai solución sempre a todo. Como o imos facer ? Pois con un vídeo conto. 

Teño que contarvos que foi o primeiro libro con que fixen un contacontos nun cole. Recórdoo porque ademais de ser a primeira vez que o facía fora unha experiencia moi bonita. A eles encantáralles, seguro que a vós tamén. 

Parece en principio un libro de medo pero ó final non é tanto, ata case é de risa, veredes! Esta versión en concreto está feita por nenos. 

ESPERO QUE VOS GUSTE ! 


miércoles, 1 de abril de 2020

UN POUCO DE COCIÑA PARA HOXE !

BOS DÍAS ! 

Mirade a quen temos hoxe aquí... 
Saúl está moi activo nestes días de confinamento, fai os exercicios do profe Toño a conciencia e todas as tarefas que lle propoñen os demais profes. E onte, fixo un biscoito de laranxa que quere compartir con todos nós. 
Ollade!

E aquí tendes o resultado do biscoito. Que boa pinta ten reposteiro Saúl e moitísimas grazas! 


Proponos que subamos algunha receita, que vos parece? É unha idea xenial, eu apúntome. A ver se subimos unha chea delas nesta entrada para ocuparnos un pouco na cociña ou fotos vosas cociñándonos algo. Mandádemas ó correo e xa as subimos aquí. 

Estade pendentes e animádevos nen@s e familias !

Temos a unha nova proposta!! LUCÍA é a súa familia comparten con nós unhas COOKIES de chocolate negro e blanco. 

Debe de estar moi boas! Moitas grazas! 


BISCOITO DE CHOCOLATE DA PROFE

Aquí vos deixo a miña receita virtual e unha pequena mensaxe para vós. 


E mirade o resultado....cheguei tarde para a foto ! Apresuráronse a comerme un bo cacho, iso é porque está boísimo! Xa me contaredes se vos atrevedes a facelo. 

Non me lembrei de dicirvos que anotedes moitas cousas nos vosos diarios para que queden escritos para sempre os vosos días de confinamento e poidamos escoitarvos lelos á volta. 

Estades a facelo moi ben, estou orgullosa de vós!!

SORTE NAS COCIÑAS NEN@S, MANS Á MASA !

Temos mais atrevidos nas cociñas ! Mirade a CAMILO   
Fixo hoxe unhas galletas, saíronlle moi ricas. Canto me alegro por ti e por poder verte todos. 
Grazas por compartilo con nós !



Mais reposteiros con novos doces, NICOLÁS fixo unhas magdalenas que se comen cos ollos, non vos parece? 
Mirádeo coas mans na masa e o resultado. 
Moitas grazas Nico!