Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LINGUAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

Os derrateiros contos do curso.

Perdoade a demora, sei que estades esperando impacientes.
Como falamos á mañá, vamos cerrar os nosos xoves, con dous contos moi especiais. 

O primeiro leo Breixo, titúlase "Besos besos"
Faino estupendamente, e fixo con tanto cariño que as emocións saen a exteriorizarse. 
Eres un marabilloso compañeiro e un excelente alumno. 
Non cambies nunca!
Seguide sendo así de unidos e así de auténtic@s.  
Grazas!

E agora...un conto musical! Vámonos con alegría e cun sorriso. 
Ollada a vaca Lola, está toliña de remate....
Espero que vos guste! 


Unha aperta nen@s! Mañá remata o coleeeeee!!!!

jueves, 11 de junio de 2020

XOVES DE CONTOS

BOS DÍAS NEN@S!

Hoxe vai ser o día dos contos para nós, vouvos deixar varios en diferentes formato.

Primero un videoconto en castelán moi divertido.
Ollade que lle pasa á vaca...



Logo, tendes un conto en galego cunha comprensión lectora
"O tren e a Lúa".




Para rematar déixovos a historia da nena do parche.

Non tendes porque ler todo hoxe podedes repartirde as lecturas.



Bo día espléndidos lector@s!!!


miércoles, 10 de junio de 2020

ABECEDARIO!

 BUENOS DÍAS NIN@S!!

Después de hacer la ficha de la adivinanza seguiréis con lengua, nos toca repasar el abecedario.  
Como lo lleváis? Lo recodáis verdad? 
Es muy importante sabérselo muy bien...

Os dejo una canción animada para recordarlo. 


Luego podéis hacer una ficha interactiva sobre el orden alfabético.
Leed bien los enunciados, podéis hacerlo con el abecedario delante pero para eso tenéis que saberlo muy bien antes. 



 FELIZ DÍA CAMPEON@S

miércoles, 3 de junio de 2020

Exercicios na libreta.

MOI BO DÍA NEN@S!!!! 

Xa tendes todo@s nas vosas casas o material que deixamos no cole así que podemos aproveitar as facer as fichas sen rematar que tendes na carpeta de clase. 
Que vos parece? 

Tamén tendes as libretas. Podedes coller a das linguas e facer esta ficha: 


OLLO!!! que digo sempre ó coller a libreta? Lembrades? 

Poñémonos arriba na marxe esquerda e escribimos a.....

DATA!! A primeria con maiúscula!!!! 
Deixamos dous renglóns e escribimos o título. 
Outros dous renglons e... comezamos. 
  

ÁNIMO!

lunes, 1 de junio de 2020

COMEZAMOS XUÑO

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

Comezamos unha nova semana e un novo mes, o da metade do ano, o mes 6! 
Xa estamos en xuño pequen@s. Xa non queda nada para rematar o cole pero ainda temos cousiñas por facer. 

Novo mes, novo calendario. Aquí o tendes.
Recoñecedes algunhas das flores que temos para colorear e aprender neste mes? 


Xa hai no ambiente un olor a verán, xa os sentimos preto por iso o poema de xuño, en castelá, non podía ser outro que este: 
"El verano"
Podedes copialo na libreta e facerlle o voso propio debuxo. 



Na seguinte entrada tendes o retos matemáticos desta semana. Mañá non haberá tarefas.
Pero alguén está de cumple!!!
 Van a ter tamén, as vosas familias, uns exercicios no correo para facer e entregar. Déixovos organizarvos a vós.

FELIZ LUNS E BOA SEMANA NEN@S! 

viernes, 29 de mayo de 2020

Qué bonita la vida !

BOS DÍAS NEN@S!

Como é venres, despois de facer a ficha de lingua, vámonos relaxar cantando. Que vos parece?
Escoitade esta canción de Dani Martín e completade os ocos que faltan na letra da canción.




ESPERO QUE VOS GUSTE! 

BOA FIN DE SEMANA PEQUEN@S ! Ata luns. 

"V" ou "B"

Vamos practicar un pouquiño o uso destas dúas letras que nos leva a tantas confusións. 

"V" ou "B" se soan igual ?


Tamén o podedes facer online coma onte se preferides. Podedes ver se tendes erros e chégame a vosa ficha. 

Fixádevos nas palabras, se levan "v" ou "b" para non esquecelo máis. 

jueves, 28 de mayo de 2020

Género y número

BUENOS DÍAS NIÑ@S!

Hoy vamos a repasar el género y el número de los nombres (sustantivos).
Vais a leer primero esta explicación.  Podéis copiarlo en la libreta.

Luego, entráis en el enlace de la ficha, vais a ver como tenéis que ir moviendo (arrastrando) las palabras de abajo al lugar correcto. Al realizara y comprobarla le dais a "TERMINADO". Os pedirá vuestro nombre, el curso, la asignatura y mi correo. Al hacerlo ya me llega directamente vuestra ficha. También podréis comprobar vuestro resultado. 
Cualquier cosa me avisáis. 


BUENA SUERTE Y FELIZ DÍA ! 

martes, 26 de mayo de 2020

NOVA CRONOLECTURA

BOS DÍAS NEN@S!

Temos unha nova coronolectura e comprensión lectora. Xa sodes uns expertos. Desta vez podedes facerme saber, como está a vosa velocidade lectora, cun audio ou vídeo dun minuto lendo a lectura.  

De que máquinas falarán estes rapaces? 
  


Déixovos unhas fichas da profe Marga para repasar algunhas unión de letras. Empezamos coas amigas P e L. Pode facela quen queira e o necesite, non é obrigatorio pero pode ser beneficioso para tod@s. 
Irei deixando nunha nova pestaña arriba que poñerá PT (pedagoxía terapéutica) fichas dese estilo. 



Que teñades un bo día nen@s! 

martes, 19 de mayo de 2020

Adivina cúanto te quiero!

Velaquí a sopresa nen@s! 
Un videoconto especial para vós! 

Espero que vos guste. É un dos meus contos favoritos. 


Na páxina web do cole, hai máis contos de máis profes. E podedes facelos vos tamén. Mirades as instruccións na web, tendes de plazo ata o 25 de maio. 


Se queredes, podedes facer despois do conto, unha comprensión lectora e un debuxo do conto



Querede moito e feliz día! 

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, este domingo 17 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS. 
Este ano dedícase a este home: Ricardo Carvalho Calero

Podedes aprender unha chea de cousas sobre a súa vida e as súas obras. Tendes varias maneiras.


1. Pinchando neste enlace atoparedes actividades interactivos para entretervos 

2.- Un conto do escritor: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

3.- Un xogo xenial de pistas para aprender, pinchade no enlace e descubirdeo: 

4.- Deixovos un documento con actividades en papel para quen as queira imprimir: 



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS E FELIZ DOMINGO FAMILIAS!

viernes, 15 de mayo de 2020

Como é o teu obxecto?

Unha vez expostos os vosos obxectos agora tócavos describir un deles ou calquera outro que vos queirades. Tendes no segundo folio adxectivos para axudarvos. 
Debuxade ou poñede unha foto no centro y fixádevos no tamaño, forma, etc... Indica tamén para que sirve (uso), as partes... 
Podedes facelo directamente nun folio ou nunha libreta seguindo esta plantilla. 




O domingo é o día das LETRAS GALEGAS 
seguro que o sabedes porque fixestes para ese día frases de ánimo fabulosas! Pronto veredes o vídeo.
Deixareivos cousiñas para quen as queira facer. 

Feliz venres e boa fin de semana nen@s!

martes, 12 de mayo de 2020

Nova cronolectura

Bos días nen@s!

Preparados para a nova lectura? Esta semana tócanos unha historia cun doutor moi listo, o señor Souto... Que lle pasará?
Coma sempre, lemos varias veces a lectura tranquilamente e facemos a comprensión lectora. Logo, durante a semana cronometraremos a lectura durante un minuto. Debemos ler cada día máis palabras.  



Unha actividade nova. Xa o fixestes algunha vez no cole. A partires dunha imaxe ides inventar unha mini historia en galego ou contar o que vedes.  
Déixovos dúas opción a escoller ou tamén podedes facer as dúas en diferentes días. 
1º Miramos a imaxe. 
2º Barallamos ideas na nosa mente. 
3º Pensamos ben antes de escribir e cando o teñamos claro, empezamos a escribir. 

Ollo! Maiúsculas e puntos nenos!!! 


BO DÍA !!

jueves, 7 de mayo de 2020

Un poco de lengua

BUENOS DÍAS !!

Nos toca trabajar lengua castellana niñ@s. Haréis primero una comprensión lectora y luego unas fichas de ortografía para repasar varios contenidos que hemos visto en clase. 
Al acabar, para hoy os dejo un corto muy interesante sobre la lectura.
Espero que os guste!  

CONCENTRAROS !




martes, 5 de mayo de 2020

O NOSO REFRANEIRO


                  Que vos parece facer unha recollida de refráns, como nos propuxo Saúl? 
                     Vamos centrarnos nos meses e en especial en maio pero que se non sabedes vale de calquera mes.

Preguntade ós maiores son moi refraneiros! 

(Mandádemo ó correo e vounos publicando aquí) 

              SAÚL:                                                                                            A PROFE: 

Ata o corenta de maio non quites                                                  En maio xa leva as cereixas 
 o saio, e se volve a chover, volveo                                                                    o gaio.
                                   a poñer. 


 

Refrán de Nicolás




lunes, 4 de mayo de 2020

DAMOS A BENVIDA A MAIO !

NOVO MES, NOVO CALENDARIO....

Empezamos unha nova semana e un novo mes, o das flores, o 5º do calendario. 

Non vamos perder a costume de escribir a data cada día, déixovos a plantilla para quen a queiras senón xa sabedes que na vosa libreta vale perfectamente. 



Para poñerlle un pouco de rima a este novo mes, aquí tendes un poema en castelán que podedes copiar nun folio pautado para practicar a atención, mellorar a letra e aprender uns versos de paso.

É dun libro fermoso con moitos poemas dos meses, deixoumo unha profe a que quero moito, a profe Paula, eu chámolle Cervantes porque escribe sempre moi ben e fai versos espectaculares cando está inspirada, todo iso é de ler moito.
Vos sabedes que era Cervantes ? Indagade a ver se o descubrides. 

Mentres tanto espero que vos guste este poema. É para un día especial, o día da Diversidade Cultural, recordade que as diferenzas enriquecen.
Descubride as rimas! 



FELIZ LUNS A TOD@S

martes, 28 de abril de 2020

Traballaremos as linguas!

BOS DÍAS !
Temos para hoxe varias actividades de lingua. 

Primeiro déixovos as recomendacións dos vosos libros preferidos. Botádelle unha ollada a ver se vos convence algún dos libros dos vosos compañeir@s para unha próxima lectura.   





Das outras actividades do día do libro Lucía proporcionounos un debuxo e Laura un conto. 

Noraboa a tod@s polos vosos traballos!







Despois, podedes dedicarlle un tempiño a lectura en galego, déixovos hoxe a un marciano peculiar. 
Lede e facede a comprensión lectora na vosa libreta. 



De último, para traballar un pouco a ortográfica e xa que vos gustan os crucigramas, vamos a traballar deste xeito as palabras con X, recordades ben como se di esta letra en galego?
(Podedes simplemente poñer nas vosas libretas o número coa palabra correspondente.)


ÁNIMOS CO TRABALLO NEN@S, SEGURO QUE O FACEDES MOI BEN ! 

jueves, 23 de abril de 2020

23 de abril

FELIZ DÍA DO LIBRO 

Vamos a celebrar este día dende as nosas casas con varias actividades.

Estade atentos primeiro ó vídeo onde saídes cos vosos libros preferidos. 
GRAZAS NENOS, fantástic@s!

Con ese libro ou calquera outro que che guste moito, ídeslles a facer unha ficha de recomendación para os voso compañeir@s. Déixovos o modelo, pero vós, farédelo nun folio ou na libreta seguindo as pautas. Logo, mandarédesmo ó correo para facer unha entrada coas vosas propostas de libros. Tendes ata o luns para hacelo.  


                                 Tamén podedes inventar un mini conto                                 
 como fixo Saúl.
 Lede, verede que
 guerreiro o Xerif Novita ! 


Logo de traballar, podémonos relaxar coloreando ou reproducindo un marca páxina do día do libro. 
E tamén lendo e escoitando un vídeo conto en castelán. Espero que vos guste, 
LOS LOBOS QUE VINIERON A CENAR 


Aquí vos deixo modelos de marca páxinas, lédeos, hai frases moi chulas! 

martes, 21 de abril de 2020

NOVA CRONOLECTURA

BOS DÍAS NEN@S
Temos unha nova lectura para esta semana! 
Xa sabedes como facer: lemos varias veces, facemos a comprensión lectora e practicamos a cronolectura.

Que lle pasaría a esa vila para esquecer os contos ?😏  

jueves, 16 de abril de 2020

LECTURA DE GALEGO

BOS DÍAS !

Hoxe como é xoves tócanos ler un pouco. Como xa estades a facer as lecturas do Lobo Lupas, vamos a ler en galego. 

Déixovos nos seguintes enlaces dúas lecturas moi chulas, cunha pequena comprensión para facer despois (podedes facelas oralmente). 
Non tendes que ler as dúas hoxe, seguro que xa vos sabedes organizar moi ben. 

Pinchade nos títulos dos contos e 
Desfrutade da lectura:
  


Se queredes facer un debuxo dalgún dos contos, ensinarnos como os ledes ou decirnos o que máis vos gustou, xa sabedes que mo podedes enviar ó correo e compartímolo con todos. 

FELIZ LECTURA NEN@S

Xa temos a primeira recomendación, escoitade a SAÚL. Moitas grazas compañeiro.