viernes, 19 de junio de 2020

O ÚLTIMO DÍA DE COLE!

BOS DÍAS NEN@S!

Rematou deste curso tan raro! Hoxe é o último día. 
Tócavos descansar e desfrutar un poquiño. 
Sen esquecer ler tamén !

Fixéstelo moi ben ó longo do ano e durante a corentena. 

GRAZAS POR SER TAN BOIÑOS E TRABALLADORES!
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR ACOMPAÑAR SEN DESCANSO!

Déixovos un vídeo de despedida para rematar ! 

DESFRUTADE MOITO DO VERÁN PARA VOLTAR CON GANAS E ILUSIÓN
e o máis importante 
CUN SORRISO!


MES AMIS FRANÇAIS

Para vós tamén unha aperta especial por querer este idioma novo como ó voso!
Déixovos un recordo da nosa andaina. 
ESTOU ORGULLOSA DE VÓS!

COURAGE POUR LA SUITE e BONNES VACANCES! 

jueves, 18 de junio de 2020

Os derrateiros contos do curso.

Perdoade a demora, sei que estades esperando impacientes.
Como falamos á mañá, vamos cerrar os nosos xoves, con dous contos moi especiais. 

O primeiro leo Breixo, titúlase "Besos besos"
Faino estupendamente, e fixo con tanto cariño que as emocións saen a exteriorizarse. 
Eres un marabilloso compañeiro e un excelente alumno. 
Non cambies nunca!
Seguide sendo así de unidos e así de auténtic@s.  
Grazas!

E agora...un conto musical! Vámonos con alegría e cun sorriso. 
Ollada a vaca Lola, está toliña de remate....
Espero que vos guste! 


Unha aperta nen@s! Mañá remata o coleeeeee!!!!

Que nos contan os nosos compañeiros?

BOS DÍAS NEN@S!

Os plans de futuro de Eloy son moi interesantes. Ten as cousas moi claras. 
Oxalá cumpras todas as túas ideas!


Hoxe, tamén temos a Saúl contándonos as súas ideas! 

Tes moita razón, espero que pasedes un bo verán e que vos divirtades moito,
 téndelo ben merecido


Nico tamén nos deixa unha redacción coas súas intencións. 
Moi interesante, oxalá cumpras todos os teus soños!
 Lede...

 

MOITAS GRAZAS CAMPEÓNS!

Como hoxe é xoves, tocaríanos un conto, e como é o derradeiro do curso será especial, 
tendes que esperar á tardiña. 
Non impacientedes que...


HOXE VÉMONOS!!! Ata dentro dun ratiño.





miércoles, 17 de junio de 2020

Que proposta mais interesante!

BOS DÍAS PEQUEN@S!

Que nos trae Laura hoxe? 

UNHA FESTA DE FIN DE CURSO!!!! 
Que boa falta nos facía verdade...

Moitas grazas campeona, especialmente pola parte que me toca!
Para min o mellor premio é tervos de alumn@s! 

Vémonos prontiño nen@s! 


martes, 16 de junio de 2020

Nova entrega de proposicións

BOS DÍAS NEN@S!

Como vos dixen, tócavos a vós levar o timón desta semana. Demos comenzo onte con Lucía, 
hoxe, déixanos Breixo dúas das súas andainas. 

Ollade que simpáticos monicreques fixo: 


Aquí está Breixo moi concentrado preparando todo o seu material ! 
Saíronche xenial!!

As vacacións están moi pretiño, quen non soña xa co soliño, coa praia e con destinos paradisíacos..

Hai quen ten xa todo preparado e ben pensado. 
Unha axudiña para que soñemos un pouquiño máis!



 MOITAS GRAZAS BREIXO!

lunes, 15 de junio de 2020

FELICITACIÓN DE ANIVERSARIOS


Lucía quixo felicitar deste xeito tan fermoso a tod@s o que estiveron de cumpleanos durante a corentena. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!


REMATANDO O CURSO!

BOS DÍAS NEN@S!

COMEZAMOS A DERRADEIRA SEMANA DO CURSO! 

Antes de nada quérovos felicitar por habelo feito tan ben neste tempo de aprendizaxe telemática. 
Estiveste tod@s moi atent@s, traballadores e participativ@s! 
  
Non deixastes de sorprender. Noraboa polas vosa actitude! 

Esta semana vai ser diferente. Déixovos ó final da entrada actividades para toda a semana ou de cara ó verán. 

E como vamos organizar a semana no blog? 

A idea é que as próximas entradas da semana sexan cousa vosa... Ollade


Espero os vosos correos!
Hoxe á tarde, temos a primeira entrega, una das vosas compañeira fixo algo moi especial...que será?  Atent@!!

Para as actividades opcionais tendes: 
Primeiro, unha serie de problemas que podedes copiar directamente na libreta ou calcular mentalmente alguns. Son moitos, repartídeos. (o problema nº14 non o podedes facer aínda) 
Logo, una plantilla para redactar contos, seguides os pasos e coa vosa imaxinación seguro que vos sean textos incríbles. Podedes facer varios tanto en castelán coma en galego.
Cando a creación chame á porta da vosa mente aproveitade para deixalo por escrito!  





BOA SEMANA E FELIZ LUNS!

viernes, 12 de junio de 2020

Puzzle de sumas e restas

BO DÍA NEN@S!!

XA É VENRES! SÓ NOS QUEDA UNHA SEMANA DE COLE!

Para hoxe déixovos un puzzle de sumas e restas, xa fixemos algún no cole pero lede ben as instrucións se tendes dúbidas. 


DESCANSADE E MOI BO FINDE ! 

jueves, 11 de junio de 2020

Lecture de français!

BONJOUR LES AMIS

Comment ça va? 

Déixovos dous libriños de Sami, xa coñecedes moi ben ós protagonistas dos libros. 
O primeiro é para os nen@s de 4º e 5º. (Sami soña)
O segundo libro é un cómic para os nen@s de 6º. (Investigación no camping)
Ben seguro que todo podedes ler o que vos queirades! 


Publish at Calameo

Espero que vos gusten!

BONNE JOURNÉE LES ENFANTS!

XOVES DE CONTOS

BOS DÍAS NEN@S!

Hoxe vai ser o día dos contos para nós, vouvos deixar varios en diferentes formato.

Primero un videoconto en castelán moi divertido.
Ollade que lle pasa á vaca...



Logo, tendes un conto en galego cunha comprensión lectora
"O tren e a Lúa".




Para rematar déixovos a historia da nena do parche.

Non tendes porque ler todo hoxe podedes repartirde as lecturas.



Bo día espléndidos lector@s!!!


miércoles, 10 de junio de 2020

ABECEDARIO!

 BUENOS DÍAS NIN@S!!

Después de hacer la ficha de la adivinanza seguiréis con lengua, nos toca repasar el abecedario.  
Como lo lleváis? Lo recodáis verdad? 
Es muy importante sabérselo muy bien...

Os dejo una canción animada para recordarlo. 


Luego podéis hacer una ficha interactiva sobre el orden alfabético.
Leed bien los enunciados, podéis hacerlo con el abecedario delante pero para eso tenéis que saberlo muy bien antes. 



 FELIZ DÍA CAMPEON@S

Adivinanza 8

Tenemos una nueva adivinanza y un geoplano nuevo. 
Se complica un poquito pero seguro que podéis!
ÁNIMO!

martes, 9 de junio de 2020

O resultado das medicións!

BOS DÍAS NEN@S!

Xa podemos comprobar todos e todas o que medraste e o ben que se vos dan 
os metros e os centímetros. 

Espero que vos guste!
 Sodes xeniais! 


Para seguir practicando as lonxitudes déixovos diferentes enlaces con páxinas interactivas para xogar e aprender. (A facer preferiblemente nesta orde)



Medimos con la regla (2)

QUE TEÑADES UN MOI BO DÍA!

lunes, 8 de junio de 2020

Retos matemáticos 3

BO DÍA NEN@S!!

Comezamos unha nova semana, estades list@s?

Aquí tendes os últimos retos matemáticos. 



Se queredes seguir facendo retos matemáticos deste estilo déixovos o enlace da biblio dun cole de Ferrol que ten unha chea de retos fantásticos.  
Ollade, que no cole de Pazos son uns expertos! 

Déixovos tamén dúas fichas online para repasar a taboa do 7 e do 8 (son as máis difíciles verdade?) Pois non vos preocupedes que o conseguiredes. 
O exercicio é moi sinxelo, tendes que formar o debuxo colocando o resultado das multiplicacións no lugar correcto. 

TABOA DO 7
TABOA DO 8

ÁNIMO NEN@S! BO LUNS E BOA SEMANA. 

viernes, 5 de junio de 2020

Preparamos la cinta métrica

BUENOS DÍAS NIÑ@S!

Ya es viernes! Otra semana más superada campeones! 


Coger un metro, una cinta métrica o lo que tengáis por casa para medir. 
 Con ayuda de algún mayor miráis cuanto habéis crecido.

Tenéis hasta el lunes para enviarme una foto vuestra midiendo vuestra altura. Comparar vuestra medida de enero para ver cuando centímetros más tenéis ahora.

  El martes le dedicaremos la entrada a ver cuando habéis crecido cada uno de vosotr@s.

DESCANSAR Y APROVECHAR EL FINDE! 
HASTA LUNES!!  

  

jueves, 4 de junio de 2020

El puente

BUENOS DÍAS !!

Es jueves, hoy non vamos a ver un cuento pero si un corto para trabajar valores.

Vais a ver la importancia de comunicarse, entenderse y colaborar sin usar NUNCA la violencia.
Es muy importante aprender a resolver conflictos.

Espero que os guste!

  


HASTA MAÑANA!

miércoles, 3 de junio de 2020

Exercicios na libreta.

MOI BO DÍA NEN@S!!!! 

Xa tendes todo@s nas vosas casas o material que deixamos no cole así que podemos aproveitar as facer as fichas sen rematar que tendes na carpeta de clase. 
Que vos parece? 

Tamén tendes as libretas. Podedes coller a das linguas e facer esta ficha: 


OLLO!!! que digo sempre ó coller a libreta? Lembrades? 

Poñémonos arriba na marxe esquerda e escribimos a.....

DATA!! A primeria con maiúscula!!!! 
Deixamos dous renglóns e escribimos o título. 
Outros dous renglons e... comezamos. 
  

ÁNIMO!

martes, 2 de junio de 2020

CUMPLE DE DAVID

PARABÉNS!


Hoxe tócanos felicitar a David. Espero que desfrutes moito do teu día campeón! 
Bicos e apertas virtuais!

lunes, 1 de junio de 2020

COMEZAMOS XUÑO

BOS DÍAS NENOS E NENAS!!!

Comezamos unha nova semana e un novo mes, o da metade do ano, o mes 6! 
Xa estamos en xuño pequen@s. Xa non queda nada para rematar o cole pero ainda temos cousiñas por facer. 

Novo mes, novo calendario. Aquí o tendes.
Recoñecedes algunhas das flores que temos para colorear e aprender neste mes? 


Xa hai no ambiente un olor a verán, xa os sentimos preto por iso o poema de xuño, en castelá, non podía ser outro que este: 
"El verano"
Podedes copialo na libreta e facerlle o voso propio debuxo. 



Na seguinte entrada tendes o retos matemáticos desta semana. Mañá non haberá tarefas.
Pero alguén está de cumple!!!
 Van a ter tamén, as vosas familias, uns exercicios no correo para facer e entregar. Déixovos organizarvos a vós.

FELIZ LUNS E BOA SEMANA NEN@S! 

RETOS MATEMÁTICOS 2

viernes, 29 de mayo de 2020

Qué bonita la vida !

BOS DÍAS NEN@S!

Como é venres, despois de facer a ficha de lingua, vámonos relaxar cantando. Que vos parece?
Escoitade esta canción de Dani Martín e completade os ocos que faltan na letra da canción.




ESPERO QUE VOS GUSTE! 

BOA FIN DE SEMANA PEQUEN@S ! Ata luns. 

"V" ou "B"

Vamos practicar un pouquiño o uso destas dúas letras que nos leva a tantas confusións. 

"V" ou "B" se soan igual ?


Tamén o podedes facer online coma onte se preferides. Podedes ver se tendes erros e chégame a vosa ficha. 

Fixádevos nas palabras, se levan "v" ou "b" para non esquecelo máis. 

jueves, 28 de mayo de 2020

Género y número

BUENOS DÍAS NIÑ@S!

Hoy vamos a repasar el género y el número de los nombres (sustantivos).
Vais a leer primero esta explicación.  Podéis copiarlo en la libreta.

Luego, entráis en el enlace de la ficha, vais a ver como tenéis que ir moviendo (arrastrando) las palabras de abajo al lugar correcto. Al realizara y comprobarla le dais a "TERMINADO". Os pedirá vuestro nombre, el curso, la asignatura y mi correo. Al hacerlo ya me llega directamente vuestra ficha. También podréis comprobar vuestro resultado. 
Cualquier cosa me avisáis. 


BUENA SUERTE Y FELIZ DÍA ! 

Adivinanza 7

Es mi animal preferido, ¿lo recordáis, sino, adivina adivinanza ?  A ver que bonito o sale...

miércoles, 27 de mayo de 2020

CUMPLE DE CAMILO

PARABÉNS!


Desfruta moito do teu día Camilo! Mandámosche unha chea de apertas e de bicos virtuais. 


TABLAS DE MULTIPLICAR INTERACTIVAS

BUENOS DÍAS NIÑ@S! 

Vamos a repasar las tablas. Super Uva os dirá que hacer, como ya no estáis en un nivel inicial y sabéis alguna de las tablas muy bien, podéis saltaros pasos aunque repasar todo no os viene mal. Es para hacer en varios días. 
Al la llegada el capitán os tiene un regalito.     

MUCHO ÁNIMO MATEMÁTICOS!


martes, 26 de mayo de 2020

Le grand gros navet

BONJOUR LES AMIS!

Nen@s de francés, xa viste o vídeoconto? 

Aquí o tendes, volvede a velo e vamos aproveitalo para facer unha pequena comprensión lectora. É de xeito online, entrade no enlace abaixo da publicación e contestade V (vrai) F (faux) na ficha.  

Antes de empezar tendes que poñer o voso nome e o curso, completade o formulario e xa me chegan o voso resultado.


LE GRAND GROS NAVET



Se preferides imprimir e mandarme unha foto ou escaneado da ficha déixovos o documento en PDF. 
Recordo o meu correo para enviarme os traballos. Vanessamagapaz@gmail.com



BONNE CHANCE! AU REVOIR

NOVA CRONOLECTURA

BOS DÍAS NEN@S!

Temos unha nova coronolectura e comprensión lectora. Xa sodes uns expertos. Desta vez podedes facerme saber, como está a vosa velocidade lectora, cun audio ou vídeo dun minuto lendo a lectura.  

De que máquinas falarán estes rapaces? 
  


Déixovos unhas fichas da profe Marga para repasar algunhas unión de letras. Empezamos coas amigas P e L. Pode facela quen queira e o necesite, non é obrigatorio pero pode ser beneficioso para tod@s. 
Irei deixando nunha nova pestaña arriba que poñerá PT (pedagoxía terapéutica) fichas dese estilo. 



Que teñades un bo día nen@s! 

lunes, 25 de mayo de 2020

AS ANDANZAS DOS NEN@S DE 2º

É un pracer compartir a imaxinación, o empeño, o esforzo e a creatividade destos nen@s tan autétic@s. 
Ollade, non ten desperdicio. 

NA COCIÑA : Laura probou a facer a mousse de limón proposta e saíulle deliciosa. Decorouna xenial. 


Nico e a súa familia tamén a fixo, ó parecer moi rica e que boa idea esa de botarlle MEL. Somos todos uns larpeiros me parece a min. Unha foto preciosa de Nico e Lucía. 


Eloy proponos unhas galletas de avena que teñen moi boa pinta. Ollade a súa explicación. 



CREACIÓN: Que sería de 2º sen os inventos de Saúl, aquí nos deixa un fantástico para esta semana.


Das creacións de Saúl saíu a manualidade adaptada con tapóns de plástico de Lucía
Fantásticas Lucía e Rita!! Unhas artistas. 


En canto as construcións xeométricas, a Camilo saíulle unha vea de arquitecto. Ollade o que aí conseguiu facer o noso campeón. 


David tamén ten a súa, fantástica. 


Para rematar, farémolo con AVENTURA. O noso compañeiro Breixo, súa irmá Lucía e a súa familia aproveitaron o traballo sobre a nosa contorna para coñecer o CON DAS PÍAS 



Entrade neste enlace para ler e saber máis cousas, preguntade ás vosas familias igual saben deste lugar. 

Eu tamén fun de ruta na miña zona, conseguín subir a unha pedra moi famosa no alto dun monte,  chámanlle a PEDRA DO BOLO. Aí me tendes. 


SODES XENIAIS NEN@S! MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR AS VOSAS ANDANZAS!

RETOS MATEMÁTICO, COMEZAMOS!

BOS DÍAS PEQUECH@S !

Xa é luns de novo. Preparados para unha nova semana? A última de maio! 

Empezamos hoxe cuns novos retos, estos serán únicamente de mates. Cada luns ata que remate o cole teredes un documento con 7 retos a facer na orde e no tempo que consideredes. 

MENTES A FUNCIONAR NEN@S. 


Estou preparando a publicación con todas as vosas creacións, receitas e descubrimentos. 
MOI INTERESANTE TODO! 
Pola tarde poderedes botar unha ollada. 

MENTRES TANTO, FELIZ LUNS E BOA SEMANA! 

Adivinanza 6

viernes, 22 de mayo de 2020

NOUVELLE SÉANCE DE KARAOKÉ

SALUT LES AMIS!

On chante? 

Apetécevos cantar un pouco en francés. Hai novas cancións para o noso karaoke. 
Escoitade varias veces a canción, lede as palabras propostas para poñer nos ocos e adiante. Tendes as correccións ó final. 

Para @s nen@s de 4º e 5º unha canción para completar con cores e animais. É dunha nena chamada Ilone. 
Aquí vos vai o vídeo e a letra. 




 Para @s nen@s de 6º e para quen se atreva unha canción francesa moi popular de STROMAE. 
Ó mellor xa vos sona.  



BONNE CHANCE ET BON COURAGE!

BON WEEK-END LES ENFANTS

Estamos de VENRES

BOS DÍAS NEN@S!

Xa remata a semana así que hoxe déixovos propostas máis relaxadas. 

Primeiro, un experimento para quen queira probar. Que sabedes do arco da vella ?
Lede ben todo, antes de empezar. 
--------------------------------------------
Para despois, como fai uns días acalorados, vouvos deixar un receita refrescante. 
MOUSSE DE LIMÓN
É moi sinxelo (moi calórico tamén) facede moito exercicio despois. 

ATENTOS: Faivos falta
 1/2 litro de nata para montar
Un bote pequeno de leite condensada (375g)
4/5 limóns.  

(Estas cantidades son para 10 persoas máis ou menos, reducides se queredes facer menos)

Como facelo? 
Montades a nata, botades a leite condensada, mesturades ben. 
Espremedes os limóns e incluídes o zume á mestura anterior. 
Ó que esté todo mesturado, deixades arrefriar na neveira . 


Finalmente colocades e repartides a mousse para servir e decorades co que queirades (virutas de chocolate, algunha froita pequena, xirope ou simplemente así.)

A Ari e a mín saínos moi rica!

Queredes probar? Ou atrevédevos con outras receitas e contádesnos.

ÁNIMO! 


DESCANSADE E DESFRUTADE DA FIN DE SEMANA.

Adivinanza 5

miércoles, 20 de mayo de 2020

REPASO DE MATES

BUENOS DÍAS

Hoxe a explicación non a ides ter que ler senón que a ides escoitar. 
Atentos: 



Repaso de mates online:  FICHA INTERACTIVA

e a fiche en PDF:



Seguinte exercicio:
Teoría: 


Práctica: 


Se tendes algunha dúbida avisádeme. 

BO DÍA NEN@S

Adivinanza 3

martes, 19 de mayo de 2020

Adivina cúanto te quiero!

Velaquí a sopresa nen@s! 
Un videoconto especial para vós! 

Espero que vos guste. É un dos meus contos favoritos. 


Na páxina web do cole, hai máis contos de máis profes. E podedes facelos vos tamén. Mirades as instruccións na web, tendes de plazo ata o 25 de maio. 


Se queredes, podedes facer despois do conto, unha comprensión lectora e un debuxo do conto



Querede moito e feliz día! 

Adivinanza 2

Hoxe a adiviña ven acompañada dunha unión de número, tes que decilos en alto todos mentras unes.
Recorda que estas fichas son optativas e podes traballar a adiviña ó teu xeito.  





Linguas e mates

BOS DÍAS NEN@s! 

Hoxe faremos unha actividade especial, imos xuntar lingua castelá e matemáticas. Tendes que ler a proposta deste mercadillo. 
Lede con atención e concentración, logo, facede as actividades que seguen.



Despois vamos escribir un pouquiño. O tema de hoxe vai ser que queredes ser de maiores
Lede primeiro as indicacións, pensádelo ben e a escribir.   
As instruccións están en castelá pero podedes escribir a redacción tanto en galego como en castelá. 

Podedes facelo directamente na libreta, lembrade ensinarme as vosas redaccións.
Vai ser moi interesante!!!


Tendes que perdoarme se onte estiveste esperando pola sorpresiña, hoxe si que vai, prometido.  

lunes, 18 de mayo de 2020

Adivinanza 1

Como vos dixen, temos novidades, a partires de hoxe subirei cada día unha ficha coma esta cunha adivinanza e outra actividade.
Podedes facer o voso propio caderno de adiviñas copiando directamente nunha libreta cun debuxo, sen ter que imprimir pero como queirades.

Teredes que aprender algunha de memoria!

Non temos as gomas para facer xeoplanos como en clase pero podemos practicar no papel !

Estas fichas estarán nunha nova pestaña arriba, fixádevos, [Adivinanzas]

Empezamos coa primeira ficha: 



Á tarde teredes unha sorpresiña.. atento! 

ACTIVA TU MENTE 5

Empezamos a semana nen@s!

Con moito ánimo e enerxía vamos empezar dándolle á cabeciña.
Podes seguir coas actividades das letras galegas se non vos deu tempo.
Hoxe ademáis teremos varias novidades. Atentos ás próximas entradas.

BO LUNS e BOA SEMANA CATIV@S! 

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes, este domingo 17 de maio celebramos o día das LETRAS GALEGAS
Este ano dedícase a este home: Ricardo Carvalho Calero

Podedes aprender unha chea de cousas sobre a súa vida e as súas obras. Tendes varias maneiras.


1. Pinchando neste enlace atoparedes actividades interactivos para entretervos 

2.- Un conto do escritor: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

3.- Un xogo xenial de pistas para aprender, pinchade no enlace e descubirdeo: 

4.- Deixovos un documento con actividades en papel para quen as queira imprimir: 



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS E FELIZ DOMINGO FAMILIAS!

viernes, 15 de mayo de 2020

Como é o teu obxecto?

Unha vez expostos os vosos obxectos agora tócavos describir un deles ou calquera outro que vos queirades. Tendes no segundo folio adxectivos para axudarvos. 
Debuxade ou poñede unha foto no centro y fixádevos no tamaño, forma, etc... Indica tamén para que sirve (uso), as partes... 
Podedes facelo directamente nun folio ou nunha libreta seguindo esta plantilla. 




O domingo é o día das LETRAS GALEGAS 
seguro que o sabedes porque fixestes para ese día frases de ánimo fabulosas! Pronto veredes o vídeo.
Deixareivos cousiñas para quen as queira facer. 

Feliz venres e boa fin de semana nen@s!

jueves, 14 de mayo de 2020

COCO LOCO

Recordáis el COCO LOCO ? 

No lo vamos hacer con el profe Manolo, nos toca hacerlo online. 
Vamos a practicar un poco la agilidad y el cálculo mental.

El principio es el mismo que en el cole, son preguntas cortas y de respuestas cortas también.

SÓLO podréis leer cada pregunta UNA vez antes de contestar, así que concentraros y atentos!  

Tenéis que entrar en el siguiente enlace completar los datos y contestar a las 10 preguntas. Me enviáis el formulario y ya me llegan directamente vuestros resultados, vosotros también os podéis corregir.    



Os dejo la opción de una aplicación para descargar en vuestros dispositivos y practicar el cálculo mental si queréis: 

MATHMON: MENTAL MATH

NATURAIS

O CICLO DA AGUA

Hoxe traballaremos o ciclo da auga, mais especificamente no estado Gasoso. Por que chove? Que é a evaporación e a condensación? Respondemos a todas esas preguntas cun divertido experimento. Parécevos?

Cando o sol quenta a auga dos ríos, océanos, lagos, etc., a auga da superficie convertese en vapor e vaise para arriba.

Cando a auga evaporada chega a atomosfera superior chegan a formar as nubes. Este é o chamado proceso de condensación. As nubes producirán precipitacións, que é a forma na que a auga regresa a terra.

Neste experimento podes observar as difrentes etapas do ciclo da auga.

RECORDA primeiro para entender mellor:

Agora preparate:


MATERIAIS: 

                                                                    Unha bolsa hermética

Marcadores permanentes 
Auga
Colorante azul (opcional) 
Cinta adhesiva

PASOS: 

                                 Quentar a auga ata que empece a xerar vapor, pero non a deixes ferver. 

Engade o colorante azul e mestúrao ben. (opcional) 
Bota a auga dentro da bolsa hermética e cérraa ben. 

Colgaa na ventá coa axuda da cinta adhesiva. 

  • Cando a auga empece a evaporar, o vapor xenerado vaise hacia arriba e condensarase como se foran nubes.                                    
  • Despois duns minutos, gotas de auga empezarán a caer da bolsa, en forma de choiva.
Se deixas a bolsa colgada na ventá, nun lugar onde lle chegue o sol, o ciclo da auga continuará. 

        Atréveste co experimento?  







Seguindo con este tema, recordaremos tamén os diferentes ESTADOS DA AUGA


Podedes facer a ficha oralmente. 



ATENTOS, HOXE HABERÁ COCO LOCO ! 

BO DÍA NEN@S!

miércoles, 13 de mayo de 2020

Toca mates

Tenemos una nueva HORA DE MATES.
Nos instalamos y leemos todas las indicaciones antes de empezar.

Mentes a funcionar niñ@s! 



Ahora vamos a multiplicar.  Para completar los círculos de las tablas del 6 al 10 podéis hacerlo mirando nuestra chuleta. Si ya las sabéis genial, ponerlo en práctica, sino tranquil@s, en las próximas semanas estudiaremos esas tablas!  




FELIZ DÍA!

martes, 12 de mayo de 2020

Nova cronolectura

Bos días nen@s!

Preparados para a nova lectura? Esta semana tócanos unha historia cun doutor moi listo, o señor Souto... Que lle pasará?
Coma sempre, lemos varias veces a lectura tranquilamente e facemos a comprensión lectora. Logo, durante a semana cronometraremos a lectura durante un minuto. Debemos ler cada día máis palabras.  



Unha actividade nova. Xa o fixestes algunha vez no cole. A partires dunha imaxe ides inventar unha mini historia en galego ou contar o que vedes.  
Déixovos dúas opción a escoller ou tamén podedes facer as dúas en diferentes días. 
1º Miramos a imaxe. 
2º Barallamos ideas na nosa mente. 
3º Pensamos ben antes de escribir e cando o teñamos claro, empezamos a escribir. 

Ollo! Maiúsculas e puntos nenos!!! 


BO DÍA !!

lunes, 11 de mayo de 2020

Os obxectos máis importantes dos nen@s de 2º


Xa temos información sobre os tesouros máis preciados dos nen@s de 2º. 
Moi boas presentacións, redaccións e explicación! Grazas por compartir un pedaciño das vosas cousiñas máis queridas. 

                                                   

Empezamos con SAÚL 



Aquí tendes a foto dos seus obexectos máis importantes e logo un vídeo explicativo.





Seguimos coas redaccións e as imaxes de BREIXO e de NICO



A continuación un documento completiño de LUCÍA 



FÍXADEVOS Lucía personalizou a todos os da clase en pinypon! Gústavos o voso?



Aquí os obxectos máis importantes para LAURA e para CAMILO




Rematamos con ELOY, ollade que cousas son importantes para el !!



GRAZAS NEN@S! Sodes FANTÁSTIC@s