martes, 31 de marzo de 2020

UN PEU DE FRANÇAIS

Como xa sabedes, o francés non se fala só en Francia, é a lingua oficial ou cooficial en moitos lugares máis. A semana pasada foi a semana internacional da lingua francesa e da Francofonía, este ano non se puido celebrar a xuntanza anual de todos os estados membros desta asociación, pero, podedes ver o cartel do ano pasado.  
Nestas xuntanzas promovese o idioma e a disfusión da cultura entre outras moitas cousas.  
Podedes ver, entrando neste enlace os 88 estados membros de  l'OIF (Organisation internationale de la Francophonie).
Tamén podedes ollar un pequeno vídeo aínda que os datos non estén actualizados. 


Na marxe dereita do blog, pinchando na primeira imaxe (francophonie) chegaredes a unha páxina de recursos en francés, dedicada xa a alumn@s que estudan o idioma como lingua estranxeira. Atrevédevos! 

Como actividade, despois de indagar un pouco máis sobre este tema, déixovos unha plantilla con bandeiras baleiras de diferentes países francófonos, divertídevos a descubrir como son! 
A primeira imaxe para 4º e 5º (xa vai indicando con números as cores) a segunda imaxe para os de 6º, posto que xa o traballamos en clase e xa sabedes máis. 




Para despedirme, aquí vos deixo unha canción dun grupo de nenos e nenas que xa coñecedes ben. Espero que vos guste. J'ai demandé à la Lune

 AU REVOIR LES ENFANTS, n'oubliez pas de sourir! 

CALENDARIO

BOS DÍAS NENOS E NENAS

Mañá empeza un novo mes...ABRIL (o meu favorito, xa o sabedes) florecen os campos, os días son máis longos e acercase o bo tempo ! Neste mes celebramos o día do neno, a Pascua e ademais moitos cumprimos anos, eu incluída !

Co novo mes tócanos unha nova ficha do calendario. Non ía ser menos aínda que esteamos na casa, así que mándovos o formato por si algún o quere seguir facendo. 
Xa sabedes como vai, a data de cada día dentro do renglón e con boa letras. Exemplo, mañá será:
 Mércores, 1 de abril de 2020



OLLO, lembrade: Empezamos na marxe esquerda, maiúscula, coma e punto. Ides decorando un pouco da ficha cada día tamén. Podedes facer o voso calendario particular nun folio se o preferides. 

Vamos aproveitar a repasar os meses en galego, déixovos un exercicio. A primeira letra de cada mes está debaixo da frecha. Ides colocando despois cada letra no seu sitio ata dar co mes ben escrito. 



Para rematar tendes aquí un poema do mes de abril en castelá, para ler, aprender e copiar se queredes. 



FELIZ MES DE ABRIL !

lunes, 30 de marzo de 2020

CREACIÓNS

EMPEZAMOS UNHA NOVA SEMANA ! 

Que vos parece se o facemos cun debuxo precioso de Lucía. Grazas por compartilo con todos nós.

Se vos apetece facernos algún, ou calquera creación vosa, mandádemo ó correo e publicámolo aquí para compartilo con todos e así sentir que estamos cerca.
LUCÍA 2º
Temos máis debuxos de Lucía, son unha pasada e ademais transmiten bonitas mensaxes. GRAZAS LUCI.  


Hoxe Camilo tamén comparte con nós o seu debuxo. É sobre a tarefa das líneas pero publicámolo aquí con todos os vos debuxos. É xenial ! 

Moitísimas grazas CAMILO   


sábado, 28 de marzo de 2020

TÁBOAS DE MULTIPLICAR


Mirade o que vos espera á volta...xa están case todas listas! 


Vamos dedicarlle, a partires deste luns, un pouco de tempo ás táboas de multiplicar para poder xogar 
cando volvamos á aula con este xogo.

Tendes nas vosas mochilas unha táboa de cores con todas as multiplicacións para ir aprendendo e repasando. De momento só imos memorizar ata a táboa do 5.

Para ir practicando déixovos unha páxina web interactiva, repasade unha a unha.
                       Pinchade aquí: PARA APRENDER AS TÁBOAS

Logo, xogaremos a unha carreira de multiplicar que mola un montón, para iso tendes que sabelas moi ben e moi rápido. A ver se logrades gañar a carreira... CONFÍO EN VÓS !
               Pincha aquí: CARREIRA DE MULTIPLICAR
 CARREIRA DE MULTIPLICAR

Á volta seguro que vamos apreciar aínda máis os chanzos do noso edificios. 

IMPORTANTE: Tendes na marxe dereita do blog, enlaces con webs e xogos interactivos para ir repasando moitos contidos xogando. Encontraredes moitas outras cousas divertidas para pasar a fin de semana de xeito lúdico: contos, cancións e debuxos entre outros. Cousas que tamén me podedes mandar para compartir. Xa que temos en 2º unha chea de artista!  

DESCANSADE MOITO PARA LUNS EMPEZAR CON GANAS! 

jueves, 26 de marzo de 2020

Como están os nosos bichos pau ??

                                  Aquí os tendes, seguen crecendo e botándovos de menos !

A ver se logrades ver ós tres... Unha vez descuberto polo menos un, canto credes que miden xa ? Cunha ollada e logo cunha regra medídeo.  
                                                                 RECORDADE !!

Vamos a facer agora dúas TAREFAS: 

1ª TAREFA:  Vamos a facer un pequeno repaso da clasificación dos animais que seguro recordades, poñede mentalmente un exemplo de cada: 
MAMÍFEROS - AVES - ANFIBIOS - PEIXES - REPTILES 

Completade agora á seguinte ficha na vosa libreta : 

2ª TAREFA:  Vamos a medir cousas pola casa, xa o fixemos na aula, xa sabedes como funciona. Collede segundo faga falta, unha regra ou un metro (podes pedir axuda ) 
POÑÁMONOS A MEDIR !

OBXETO
METRO/CENTÍMETROS
O cepillo de dentes

Unha culler

A televisión

Un lapis

O ancho dunha porta

O QUE TI QUEIRAS




SORTE E ATA PRONTO NEN@S ! 

AQUÍ TENDES A PROBA: 

Hai que ter en conta que as de diante tamén son patas, non antenas. Debemos medir só o tronco. Miden agora mesmo case igual os tres, entre 6 e 7 centímetros. 
Se medistes contando as patas de diante podedes comprobar que non estivestes moi lonxe,  
sobre 11-12 centímetros. Era difícil velos ben así que...
                                      BO TRABALLO ! 

martes, 24 de marzo de 2020

FRANCÉS KARAOKÉ


Nestes momentos complicado necesitamos poñerlle máis ca nunca alegría ós días por iso vamos a cantar. Seguro que no vos esquecestes do noso karaoke!



Podemos seguir practicando o francés avec ZAZ. Recordádela verdade? Podemos volver a escoitar a súa canción con este vídeo (ou outros que elixades)



Para despois, déixovos aquí material para practicar á letra, podedes autocorrixirvos.

Só nos queda poñernos a cantar. Se me deixades algún comentario, para semana podemos subir máis cancións, parécevos? 


                                      NOUS CHANTONS EN FRANÇAIS      


lunes, 23 de marzo de 2020

FRANÇAIS

BONJOUR !!! Comment ça va? 

Seguro que xa coñecedes todos esta iniciativa, que vos parece si participamos nós tamén en FRANCÉS.

Para recordar e repasar as cores (les couleurs) primeiro mirades e practicade con este vídeo. 


Xa estades list@s? Adiante coa plantilla. (Podedes facelo vós á man tamén )

Animádevos a facelo, sacádelle unha foto e enviádema ó meu e-mail para publicalo aquí.

           
                                          VIVE LE FRANÇAIS !!!! 




MATEMÁTICAS

TIPOS DE LÍNEAS


Estuvisteis descubriendo los diferentes tipos de líneas, para que os quede aún más claro os dejo este documento en forma de recordatorio.

¡Podéis jugar a hacer un dibujo con diferentes líneas y colores!

 Animaros a hacerlo, sacarle una foto y la enviáis a mi e-mail para publicarlo aquí.
            ;                      

LINGUA GALEGA

LECTURA SEMANAL.

Xa sabedes como funciona a cronolectura:

Primeiro lemos tranquilamente e varias veces a lectura. Despois facedes a comprensión lectora. Pódese facela nunha libreta ou nun folio non fai falta volver a escribir as preguntas pero si contestar cunha frase (non unha palabra soa) OLLO, maiúscula e punto.

Despois, practicades a lectura durante toda a semana a ver se ledes de cada vez máis palabras. Podedes ir anotando cada día as palabras que ledes en un minuto.

Quen espertaría a Marcos ? Descubrídeo... 

 Se me deixades un comentario dicindo si vos gustou a lectura ou non, animareime a facer unha nova para a semana que ven.

Espero que vos guste rapaces !

O MEU DIARIO


Ola nenos!!
Como xa estades facendo dende a semana anterior vamos a seguir co noso diario persoal durante os días que esteamos na casa. Como seguramente xa o estades facendo nunha libreta ou en folio podedes seguir senón déixovos unha plantillas novas para facelo mais moderno. 
Á volta verémolos en clase polo que espero que os fagades con boa letra, como xa sabedes.     

Podes elixir as plantillas que queiras e facelo como ti queiras, si non podes imprimir falo con folios ou nunha libreta, non pasa nada. Son a metade dun folio, podendo utilizar o verso para o que queirades.
Non esquezas poñer sempre a data e vai alternando o galego e o castelá en diferentes días. Pódeslle dicir ó diario o que máis che gustou facer ese día ou o que non. Se cociñaches algo ou fixeches algún exercicio físico.                                                                                                             
Nas cuadriculas seguimos facendo sumas e restas (levando e sen levar). Ollo, colocade ben as cifras! Tamén podedes escribir en letras algún número e descompoñelo.
 Recordade, por exemplo:  342_3C 4D 2U_ 300+40+2

Aquí vos deixo o modelo do diario

Moito ánimo!
A profe Vane.

BENVIDA-BIENVENUE


Estreo este blog hoxe de xeito agridoce, é por unha parte a maneira de acercarme a vós: familias, nenos e nenas que nesta corentena estamos obrigado a vernos entre pantallas pero por outra parte será unha maneira de seguir cando volvamos ó cole todo o traballo diario que facemos nas aulas.
Neste tempo complicado para todos, vámoslle sacar hoxe unha cousa boa, a creación deste blog para min e para vós.

Como son titora e especialista de francés utilizarei este recurso para ambas áreas que espero sexa unha ferramenta máis de aprendizaxe.  


Sen mais, déixovos na descuberta da páxina.
Mándovos todo o meu ánimo e apoio para estes días de confinamento, volveremos pronto a sorrir nas nosas aulas!