Estreo
este blog hoxe de xeito agridoce, é por unha parte a maneira de acercarme a vós: familias, nenos e nenas que nesta corentena estamos obrigado a vernos
entre pantallas pero por outra parte será unha maneira de seguir cando volvamos
ó cole todo o traballo diario que facemos nas aulas.
Neste
tempo complicado para todos, vámoslle sacar hoxe unha cousa boa, a creación
deste blog para min e para vós.
Como
son titora e especialista de francés utilizarei este recurso para ambas áreas
que espero sexa unha ferramenta máis de aprendizaxe.
Sen
mais, déixovos na descuberta da páxina.
Mándovos
todo o meu ánimo e apoio para estes días de confinamento, volveremos pronto a
sorrir nas nosas aulas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario