martes, 31 de marzo de 2020

CALENDARIO

BOS DÍAS NENOS E NENAS

Mañá empeza un novo mes...ABRIL (o meu favorito, xa o sabedes) florecen os campos, os días son máis longos e acercase o bo tempo ! Neste mes celebramos o día do neno, a Pascua e ademais moitos cumprimos anos, eu incluída !

Co novo mes tócanos unha nova ficha do calendario. Non ía ser menos aínda que esteamos na casa, así que mándovos o formato por si algún o quere seguir facendo. 
Xa sabedes como vai, a data de cada día dentro do renglón e con boa letras. Exemplo, mañá será:
 Mércores, 1 de abril de 2020



OLLO, lembrade: Empezamos na marxe esquerda, maiúscula, coma e punto. Ides decorando un pouco da ficha cada día tamén. Podedes facer o voso calendario particular nun folio se o preferides. 

Vamos aproveitar a repasar os meses en galego, déixovos un exercicio. A primeira letra de cada mes está debaixo da frecha. Ides colocando despois cada letra no seu sitio ata dar co mes ben escrito. 



Para rematar tendes aquí un poema do mes de abril en castelá, para ler, aprender e copiar se queredes. 



FELIZ MES DE ABRIL !

2 comentarios:

  1. Boa tarde, pois seguiremos traballando nestas fichas chulas do mes de Abril , así temos a cabeza ben entretida e sacamos proveito ós días. Un saúdo e ánimo a todos.

    ResponderEliminar
  2. Alégrome moito que vos guste e vos axude a pasar o día de forma mais entretida, diso se trata. Unha aperta forte.

    ResponderEliminar