Mirade o que vos espera á volta...xa están case todas listas!
Vamos dedicarlle, a partires deste luns, un pouco de tempo ás táboas de multiplicar para poder xogar
cando volvamos á aula con este xogo.Tendes nas vosas mochilas unha táboa de cores con todas as multiplicacións para ir aprendendo e repasando. De momento só imos memorizar ata a táboa do 5.
Para ir practicando déixovos unha páxina web interactiva, repasade unha a unha.
Pinchade aquí: PARA APRENDER AS TÁBOAS
Logo, xogaremos a unha carreira de multiplicar que mola un montón, para iso tendes que sabelas moi ben e moi rápido. A ver se logrades gañar a carreira... CONFÍO EN VÓS !
Pincha aquí: CARREIRA DE MULTIPLICAR
Á volta seguro que vamos apreciar aínda máis os chanzos do noso edificios.
IMPORTANTE: Tendes na marxe dereita do blog, enlaces con webs e xogos interactivos para ir repasando moitos contidos xogando. Encontraredes moitas outras cousas divertidas para pasar a fin de semana de xeito lúdico: contos, cancións e debuxos entre outros. Cousas que tamén me podedes mandar para compartir. Xa que temos en 2º unha chea de artista!
DESCANSADE MOITO PARA LUNS EMPEZAR CON GANAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario