Ola nenos!!
Como
xa estades facendo dende a semana anterior vamos a seguir co noso diario
persoal durante os días que esteamos na casa. Como seguramente xa o estades facendo
nunha libreta ou en folio podedes seguir senón déixovos unha plantillas novas
para facelo mais moderno.
Á volta verémolos en clase polo que espero que os
fagades con boa letra, como xa sabedes.
Podes
elixir as plantillas que queiras e facelo como ti queiras, si non podes
imprimir falo con folios ou nunha libreta, non pasa nada. Son a metade dun folio, podendo
utilizar o verso para o que queirades.
Non esquezas
poñer sempre a data e vai alternando o galego e o castelá en diferentes días. Pódeslle dicir ó diario
o que máis che gustou facer ese día ou o que non. Se cociñaches algo ou fixeches
algún exercicio físico.
Nas
cuadriculas seguimos facendo sumas e restas (levando e sen levar). Ollo, colocade
ben as cifras! Tamén podedes escribir en letras algún número e descompoñelo.
Recordade, por exemplo: 342_3C 4D 2U_ 300+40+2
Recordade, por exemplo: 342_3C 4D 2U_ 300+40+2
Aquí vos deixo o modelo do diario
Moito ánimo!
A profe
Vane.
Gracias, unha plantilla perfecta😜
ResponderEliminarXenial, alégrome Lucía. Seguro que che queda un diario chulísimo.
ResponderEliminar