BO DÍA NEN@S!!
Comezamos unha nova semana, estades list@s?
Aquí tendes os últimos retos matemáticos.
Se queredes seguir facendo retos matemáticos deste estilo déixovos o enlace da biblio dun cole de Ferrol que ten unha chea de retos fantásticos.
Ollade, que no cole de Pazos son uns expertos!
Déixovos tamén dúas fichas online para repasar a taboa do 7 e do 8 (son as máis difíciles verdade?) Pois non vos preocupedes que o conseguiredes.
O exercicio é moi sinxelo, tendes que formar o debuxo colocando o resultado das multiplicacións no lugar correcto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario