BOS DÍAS !
Mirade a quen temos hoxe aquí...
Saúl está moi activo nestes días de confinamento, fai os exercicios do profe Toño a conciencia e todas as tarefas que lle propoñen os demais profes. E onte, fixo un biscoito de laranxa que quere compartir con todos nós.
Ollade!
E aquí tendes o resultado do biscoito. Que boa pinta ten reposteiro Saúl e moitísimas grazas!
Proponos que subamos algunha receita, que vos parece? É unha idea xenial, eu apúntome. A ver se subimos unha chea delas nesta entrada para ocuparnos un pouco na cociña ou fotos vosas cociñándonos algo. Mandádemas ó correo e xa as subimos aquí.
Estade pendentes e animádevos nen@s e familias !
Temos a unha nova proposta!! LUCÍA é a súa familia comparten con nós unhas COOKIES de chocolate negro e blanco.
Debe de estar moi boas! Moitas grazas!
BISCOITO DE CHOCOLATE DA PROFE
Aquí vos deixo a miña receita virtual e unha pequena mensaxe para vós.
E mirade o resultado....cheguei tarde para a foto ! Apresuráronse a comerme un bo cacho, iso é porque está boísimo! Xa me contaredes se vos atrevedes a facelo.
Non me lembrei de dicirvos que anotedes moitas cousas nos vosos diarios para que queden escritos para sempre os vosos días de confinamento e poidamos escoitarvos lelos á volta.
Estades a facelo moi ben, estou orgullosa de vós!!
SORTE NAS COCIÑAS NEN@S, MANS Á MASA !
Temos mais atrevidos nas cociñas ! Mirade a CAMILO
Fixo hoxe unhas galletas, saíronlle moi ricas. Canto me alegro por ti e por poder verte todos.
Grazas por compartilo con nós !
Mais reposteiros con novos doces, NICOLÁS fixo unhas magdalenas que se comen cos ollos, non vos parece?
Mirádeo coas mans na masa e o resultado.
Moitas grazas Nico!
Aceptó o reto. Que boa pinta ten.
ResponderEliminarXenial Lucía, moitas grazas! Eu tamén o aceptei. Mañá subimos todo.
ResponderEliminarFelicidades Profe!! por tu cumple y por el bizcocho que voy a hacer en los próximos días. Me gustó mucho verte.
ResponderEliminarNico
Muchas gracias Nico!! Genial, seguro que te sale muy rico, ya me contarás. Buen finde campeón.
EliminarBoas tardes compañeir@s e profe oxe estivemos a facer rostillas!!!espero que todos estades ven un saludo
ResponderEliminarO que non sei e como podo poñer as fotos do proceso e do choio rematado!!ains
ResponderEliminarFelicidades profe!!
ResponderEliminar