Xa é venres, mirade que rápido pasou a semana. Para hoxe e a fin de semana faremos tarefas máis entretidas.
Déixovos dúas actividades:
Primeiro, unha oca galega. Non fai falta imprimila, podedes tela na pantalla e xogar cun dado, incluso se non tendes con quen xogar e queredes, podedes contestar nun folio a todas as casillas. Así repasades moitos contidos de galego que vimos na clase.
ESPERO QUE VOS GUSTE!
De segundo ténovos unha proposta moi chula dunha compañeira, a profe Carmen, ten nen@s coma vós en 2º, está nun cole da Coruña, é moi artística dende sempre e tivo esta idea que me parece xenial. Mirade a presentación e atrevédevos. Nos non subimos as creacións ó Drive pero podedes enviarme unha foto ó correo.
Vos tamén sodes uns grandes artistas, seguro que vos saen creacións estupendas!
A creación de Saúl é moi bonita, mirade:
A creación de Saúl é moi bonita, mirade:
A de Lucía é fantática tamén :
Descansade, desfrutade e moito ánimo nen@s. BOA FIN DE SEMANA !
O xogo da Oca Galega e moi divertido, pasamolo xenial xogando en familia con el. Bicos.
ResponderEliminarSaúl o debuxo moi chulo.
Canto me alegro Lucía ! E máis se o desfrutaste toda a familia.
ResponderEliminar