miércoles, 6 de mayo de 2020

O MEU ANIMAL PREFERIDO

Déixovos unha plantilla para facer unha redacción sobre o voso animal preferido. 
Lede primeiro todas a indicacións. 



Para despois da redacción, tendes máis actividades posibles: As curiosidades sobre uns animais soprendentes, tendelos tamén no libro de Xuntos por se queredes indagar un pouco máis sobre eles e contestar esas preguntas. E logo, tendes a opción de inventar un animal fantástico e imaxinario.  

E COMO ESTÁN OS NOSOS BICHOS PAU? 

Xa son adultos!!! Mirade: 

    


 Sábese porque xa teñen a medida máxima e a cola empeza a cambiar de cor, poñense de cor marrón .

FIXÁDEVOS !

Dentro de nada xa van poñer oviños.   












Como xa eran moi grandes para a súa caxiña, foron para unha morada mais grande con máis bichos pau. 


                       A NOVA MANSIÓN




























CANTOS CHEGADES A VER?

BO DÍA NEN@S!


7 comentarios:

  1. Hola Saúl di que hai 7.E posible?
    Tamen di que esta moi chula a sua nova casa, pero a el encantarialle velos todos no cole😁.

    ResponderEliminar
  2. Bos días. Breixo dice que hai cinco. Pero que seguro hai máis porque se saben camuflar moi ben. Quedou alucinado do grandes que están.

    ResponderEliminar
  3. Pódense chegar a ver 7 sí, pero hai uns cantos máis pequenos e moi camuflados. A min tamén me encantaría telos na clase.
    Están enormes e moi activos.

    ResponderEliminar
  4. Boas tardes, Lucia atopou 10. Que chula a nova mansión. Que ganas de velos de cerca.

    ResponderEliminar
  5. Hola son Camilo. eu tamen conto 7, están moi grandes. Gustariame velos na clase.

    ResponderEliminar
  6. Olita EU atopei 8,están enormes, Laura

    ResponderEliminar
  7. Eles tamén creo que preferían os aires de Vilanova, a ver se teñen a oportunidade de visitarvos de novo.

    ResponderEliminar