NOVO MES, NOVO CALENDARIO....
Empezamos unha nova semana e un novo mes, o das flores, o 5º do calendario.
Non vamos perder a costume de escribir a data cada día, déixovos a plantilla para quen a queiras senón xa sabedes que na vosa libreta vale perfectamente.
Para poñerlle un pouco de rima a este novo mes, aquí tendes un poema en castelán que podedes copiar nun folio pautado para practicar a atención, mellorar a letra e aprender uns versos de paso.
É dun libro fermoso con moitos poemas dos meses, deixoumo unha profe a que quero moito, a profe Paula, eu chámolle Cervantes porque escribe sempre moi ben e fai versos espectaculares cando está inspirada, todo iso é de ler moito.
Vos sabedes que era Cervantes ? Indagade a ver se o descubrides.
Mentres tanto espero que vos guste este poema. É para un día especial, o día da Diversidade Cultural, recordade que as diferenzas enriquecen.
Descubride as rimas!
FELIZ LUNS A TOD@S