Déixovos unha plantilla para facer unha redacción sobre o voso animal preferido.
Lede primeiro todas a indicacións.
Para despois da redacción, tendes máis actividades posibles: As curiosidades sobre uns animais soprendentes, tendelos tamén no libro de Xuntos por se queredes indagar un pouco máis sobre eles e contestar esas preguntas. E logo, tendes a opción de inventar un animal fantástico e imaxinario.
E COMO ESTÁN OS NOSOS BICHOS PAU?
Xa son adultos!!! Mirade:
Sábese porque xa teñen a medida máxima e a cola empeza a cambiar de cor, poñense de cor marrón .
FIXÁDEVOS !
Dentro de nada xa van poñer oviños.
Como xa eran moi grandes para a súa caxiña, foron para unha morada mais grande con máis bichos pau.
A NOVA MANSIÓN
CANTOS CHEGADES A VER?
BO DÍA NEN@S!